As xornadas organizadas polo GDR Pontevedra Morrazo reuniron investigación, planificación territorial e experiencias prácticas para avanzar na prevención estrutural dos incendios e na construción de paisaxes máis diversas, activas e resilientes. O GDR Pontevedra Morrazo celebrou os días 2 e 3 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, as xornadas «Paisaxes resilientes: do diagnóstico á acción», un encontro que reuniu especialistas dos ámbitos científico e técnico e persoas vinculadas á xestión directa do territorio para analizar os factores que condicionan a vulnerabilidade da paisaxe fronte aos incendios forestais e debater sobre como avanzar cara a modelos de xestión máis…
  O encontro reunirá os días 2 e 3 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, especialistas e experiencias de xestión territorial para debater sobre a paisaxe que necesitamos e como facela posible. O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo organiza os días 2 e 3 de novembro as xornadas «Paisaxes resilientes: do diagnóstico á acción», unha iniciativa que busca conectar o coñecemento científico, a planificación territorial e as experiencias prácticas para avanzar cara a paisaxes máis diversas, resilientes e xestionadas, capaces de reducir a vulnerabilidade fronte aos incendios forestais. As xornadas dan continuidade á campaña de sensibilización do…
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo aprobou o 19 de outubro a proposta de selección de proxectos da convocatoria LEADER 2026, que abrangue 20 proxectos seleccionados entre os 33 expedientes tramitados. Catro iniciativas produtivas figuran na lista de agarda. Os proxectos que contan con axuda proposta suman un investimento aceptado de 3.430.092,49 euros e unha axuda pública de 1.011.059,08 euros. A selección compromete a totalidade dos fondos previstos para as distintas tipoloxías de proxectos nas anualidades correspondentes. As iniciativas inclúen proxectos produtivos de creación e modernización empresarial e proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais e entidades privadas,…
Arredor de 35 persoas participaron en Carballedo nun encontro territorial que destacou o potencial da ruta para valorizar o patrimonio e xerar oportunidades de desenvolvemento socioeconómico no medio rural. O GDR Pontevedra Morrazo celebrou o pasado xoves 8 de outubro, no Centro Cultural Antón Fraguas de Carballedo (Cerdedo-Cotobade), un encontro territorial no marco do proxecto de cooperación Vía Mariana Luso-Galaica, co obxectivo de presentar os avances da iniciativa e recoller as achegas das persoas e entidades dos territorios polos que transcorre. A xornada reuniu arredor de 35 persoas, entre representantes institucionais, entidades sociais, empresas e outros axentes vinculados á ruta,…
A Casa do Cazador de Negueira de Muñiz acolleu unha xornada dedicada á viticultura de montaña, coa presentación do novo itinerario, catas comentadas e unha visita guiada aberta ao público A Casa do Cazador acolleu a presentación da Ruta dos Viños entre Montañas, o itinerario enoturístico da IXP Terras do Navia, nunha xornada que pon o foco na singularidade dun dos territorios vitivinícolas máis descoñecidos e auténticos de Galicia. Con esta cita complétase o ciclo de presentación das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación que promove unha oferta conxunta arredor dos cinco territorios vitivinícolas…
A nova proposta da IXP Ribeiras do Morrazo reuniu a profesionais do sector, representantes institucionais e público xeral arredor da cultura do viño, a paisaxe e o patrimonio atlántico Poio, 3 de xullo de 2026. O Mosteiro de Poio acolleu este venres a presentación da Ruta dos Viños Oceánicos, o itinerario enoturístico da IXP Ribeiras do Morrazo, nunha xornada que congregou a unhas 150 persoas entre representantes institucionais, profesionais dos sectores vitivinícola, turístico e hostaleiro, adegas, persoal técnico dos GDR e público xeral. A proposta forma parte das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, unha iniciativa que convida…
O Mosteiro de Poio acollerá o vindeiro 3 de xullo unha xornada aberta para descubrir a identidade vitivinícola, paisaxística e cultural da IXP Ribeiras do MorrazoO Mosteiro de Poio será o escenario, o vindeiro venres 3 de xullo, dunha nova cita das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación que promove unha forma diferente de descubrir Galicia a través dos seus viños, da súa gastronomía, da súa paisaxe e da súa cultura.Nesta ocasión, a protagonista será a IXP Ribeiras do Morrazo, coa presentación da súa Ruta dos Viños Oceánicos, un itinerario que pon en valor…
O Pazo de Mariñán acolleu unha xornada con catas, visitas guiadas e a presentación dun novo itinerario vinculado á IXP Viño da Terra de BetanzosO Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleu este luns a presentación da Ruta dos Viños da Biosfera, unha proposta enoturística que pon o foco na singularidade da IXP Viño da Terra de Betanzos e na súa estreita relación coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.Este novo itinerario forma parte das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación promovido 6 Grupos de Desenvolvemento Rural das 5 IXP, que busca dar…
O Pazo de Trasalba reuniu a profesionais do sector, representantes institucionais e público interesado no desenvolvemento do enoturismoO Pazo de Trasalba (Amoeiro) acolleu este luns a segunda das Xornadas das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, centrada nesta ocasión na IXP Val do Miño-Ourense e na presentación da súa Ruta dos Viños con Esencia de Río.A iniciativa forma parte do proxecto de cooperación “Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia”, promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural participantes en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, as adegas e os viticultores dos cinco territorios implicados.No…
O Pazo de Goiáns (Boiro) acolleu este martes 16 de xuño a primeira das Xornadas das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, unha iniciativa que busca promover unha nova forma de descubrir Galicia a través dos seus territorios vitivinícolas, conectando viño, gastronomía, patrimonio e paisaxe baixo unha proposta común.A primeira cita do programa estivo dedicada á IXP Barbanza e Iria, coa presentación da súa Ruta dos Viños Mareiros, un itinerario que pon en valor a estreita relación entre o viño, o mar e a identidade cultural dun territorio marcado pola influencia atlántica.A xornada, organizada polos GDR Deloa e…