Gastos subvencionables

Con carácter xeral, poderán subvencionarse os gastos necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto, sempre que o seu valor non exceda ao do valor normal de mercado.

  1. A construción, adquisición e mellora de inmobles (límite do 50% do total dos gastos subvencionables).
  2. A adquisición de terreos (límite do 10% do total dos gastos subvencionables).
  3. A adquisición de maquinaria e equipamento novos, os gastos en arrendamentos financeiros con opción de compra de adquisición de activos subvencionables.
  4. Investimentos intanxibles como: a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, creación de páxinas web, estudos e publicacións.
  5. Custes xerais: honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade (límite do 12% do total dos gastos subvencionables).
  6. Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.

A suma dos gastos sinalados neste apartado f) xunto coa suma dos gastos en custes xerais sinalados no apartado anterior e); non poderá superar o 20% do conxunto dos gastos subvencionables do proxecto.

  1. Medios e equipos de transporte.

Con carácter xeral, non son subvencionables os seguintes gastos:

  1. Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, a reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria.
  2. O IVE recuperable, os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e os impostos persoais sobre a renda.
  3. Os gastos de funcionamento da operación subvencionada e material funxible en xeral.
  4. Maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
  5. A execución por medios propios, o traballo voluntario non remunerado ou man de obra propia, e os materiais de igual procedencia.
  6. Os intereses debedores das contas bancarias.
  7. Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude de axuda, coa excepción dos custes xerais vinculados a gastos de investimento.
  8. Os investimentos que substitúan a outros que fosen financiados polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen, polo menos, 5 anos, contados dende a data da realización do investimento.
  9. Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición sexa financiada polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen polo menos 5 anos contados dende a data da realización do investimento.
  10. Os xuros, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas.
  11. Os gastos de procedementos xudiciais.
  12. A compra de dereitos de produción agraria, animais e plantas anuais e a súa plantación en investimentos no sector agrario.
  13. Os conceptos de “gastos xerais” e “beneficio industrial”, agás nos proxectos de promoción pública cando estas partidas formen parte do prezo de licitación de acordo coa normativa de contratación administrativa.
  14. Quedan excluídos aqueles investimentos promovidos polas entidades públicas locais relacionados coa prestación dos servizos enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como os servizos esenciais para os que o artigo 86 da citada lei declara a reserva a favor das entidades públicas locais e os de prestación mínima previstos no artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
  15. Os proxectos de sinalización territorial.
  16. Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante, e as obras de simple ornamentación.
  17. Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Ningún evento vindeiro!