O GDR Pontevedra-Morrazo celebrou este xoves, na súa oficina técnica, unha reunión de traballo coa participación das adegas das 5 Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Viño de Galicia e as asistencias técnicas do proxecto. Durante o encontro presentouse o avance das accións incluídas no proxecto de cooperación de Enoturismo nas IXP de viño de Galicia, así como o proceso de creación da Rede de Colaboradores das IXP, destinada a fortalecer a relación entre os actores públicos, privados e operadores turísticos. Esta rede permitirá coordinar esforzos, compartir coñecemento e impulsar o enoturismo sostible como motor de desenvolvemento económico e social nos…
O GDR Pontevedra Morrazo participa no proxecto de Cooperación Leader “Vía Mariana Luso-Galaica”, xunto a outros cinco grupos galegos, co propósito de promocionar e dinamizar turisticamente este itinerario que une Braga e Muxía. Na última reunión, mantivemos un encontro coa Asociación da Vía Mariana, promotora da ruta desde 2018, para fortalecer o traballo conxunto e o desenvolvemento turístico sostible do territorio. Un proxecto que une ? cultura, natureza e comunidade. GDR participantes: Pontevedra Morrazo, Deloa, Terras de Compostela, Costa da Morte, Eu Rural e Terra e Auga (grupo coordinador). #Cooperación #VíaMariana #LEADER #TurismoSostible #DesenvolvementoRural #somosGDR
O GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar este mércores 27 de Agosto de 2025, os proxectos da convocatoria 2025/26 da intervención LEADER , no marco da PEPAC 2023_27. De entre as solicitudes presentadas ata 30 de maio de 2025, aprobáronse os proxectos que a continuación se relacionan, que se subvencionarán na anualidade 2025_26, ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía: PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS O investimento total aceptado…
Trátase dunha aposta polo desenvolvemento do enoturismo ligado ás IXP vitícolas de Galicia, para fomentar un turismo sostible, dinamizar a economía local e dar a coñecer os viños e as adegas das 5 IXP, mellorando a súa visibilidade e recoñecemento  O proxecto está coordinado polo GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración con 5 GDR (Salnés Ulla-Umia, Deloa, Mariñas-Betanzos, Montes e Vales e  Ardecou)  e coa Asociación das 5 IXP de Viños de Galicia e as adegas locais. #cooperación #gdr #leader #desenvolvementorural #viñosdasixpdeGalicia #viñosquefaladenós #ixpdeGalicia #gdrpontevedramorrazo #adercou #deloa #gdrsalnésullaumia #gdrmariñasbetanzos #gdrmontesevalesorientais #somosGDR #agader #EnoturismoIXP #CooperaciónRural
Esta semana votou andar en cinco centros de día do territorio o proxecto “Memoria Sonora”; unha iniciativa do GDR Pontevedra Morrazo, que utiliza a música de raíz como elemento vivo de conexión, memoria e coidado das persoas maiores máis vulnerables. Trátase dunha iniciativa de intervención social  para estimular as funcións motrices, cognitivas  etc. das persoas maiores en situación de vulnerabilidade; promover o seu benestar emocional e social; e preservar e divulgar, ao mesmo tempo, o noso patrimonio cultural inmaterial. Obxectivos Obxectivos Xerais Mellorar a calidade de vida das persoas maiores. Poñer en valor o noso patrimonio cultural inmaterial  Obxectivos Específicos Estimular…
Se tes un proxecto para o rural, lembra que o prazo para presentar as solicitudes ás AXUDAS LEADER 2025 remata o 30 de maio. Non o deixes para o último día! ? ? Tramita a túa solicitude online no procedemento MR701L: ? https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2025&numpub=1&lang=gl ? Se precisas axuda para cubrir os formularios: ? Accede ás fichas informativas e ao manual do promotor na nosa web: ? https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/images/24-27/Manual_especfico_promotores.pdf Activa o teu proxecto! ?? #SomosGDR #AxudasLeader2025 #GDRPontevedraMorrazo #IdeiasQueContan #ProxectosQueTransforman
Publicadas as BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA para o ano 2025, das axudas LEADER, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027. ? PERSOAS BENEFICIARIAS: As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, as comunidades de montes e as súas mancomunidades e as entidades públicas de carácter local ou comarcal. ? PROXECTOS SUBVENCIONABLES: PRODUTIVOS, actividades económicas/empresariais, agrarias e non agrarias, ata un 45% e NON PRODUTIVOS, Iniciativas dirixidas a cubrir necesidades da poboación rural, e que respondan a un interese público ou colectivo, subvencionables ata un 90% segundo a prioridade.? A CONTÍA máxima da AXUDA PÚBLICA é de 180.000 euros…
O Consello da Xunta ven de autorizar a convocatoria 2025_26 das axudas da intervención LEADER, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), así como as facilidades de acceso ao financiamento. O importe das axudas será de 12.641.423,36 euros, para o ano 2025, e se xestionarán a través dos 24 GDR de Galicia A convocatoria publicarase a finais de abril ou principios de maio no Diario Oficial de Galicia e o prazo para presentar solicitudes será de 30 días dende a publicación no DOG.
O albariño "Raigames" de Bodegas Costas, foi galardoado co Gran Ouro, o máximo recoñecemento deste prestixioso concurso nacional de viños que organiza a Federación Española de Asociacións de enoloxía. Un premio que pon en valor non só a calidade excepcional deste viño, senón tamén o gran potencial do sector vitivinícola da nosa comarca. Ademais, "Os Areeiros" de Vilaboa, logo de conseguir en 2024 un merecido Gran Ouro, tamén acadou unha Medalla de Prata, cun albariño, colleita 2023. Unha logro para o noso territorio e o seu crecemento Estes galardóns non só destacan o talento e o esforzo dos produtores locais,…
A IXP Ribeiras do Morrazo segue consolidándose como un selo de calidade que protexe e promove os viños da nosa comarca. O traballo das adegas adheridas non só garante un produto diferenciado e con identidade, senón que tamén impulsa a economía local, crea oportunidades para pequenos produtores e pon en valor os nosos recursos naturais. No GDR Pontevedra Morrazo, celebramos a incorporación da adega de Moaña “Bodegas Costas de Exportación” á IXP Ribeiras do Morrazo! Unha aposta polo viño do Morrazo e o seu futuro Con esta nova adega, fortalecemos a presenza do viño do Morrazo dentro do panorama galego,…