A iniciativa conecta por primeira vez as cinco IXP vitícolas galegas nun proxecto común de enoturismo que combina viño, gastronomía, patrimonio e paisaxe, e presentarase ao público a través de cinco xornadas abertas entre xuño e xullo.
Galicia conta desde agora cunha nova proposta para descubrir o territorio a través da cultura do viño. Os Grupos de Desenvolvemento Rural participantes no proxecto de cooperación “Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia”, en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, impulsan as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, unha iniciativa que conecta por primeira vez as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas vitícolas galegas baixo unha estratexia común de promoción e dinamización turística.
Inspirada na filosofía da campaña “Viños que falan de nós”, a iniciativa nace co obxectivo de promover o enoturismo nas IXP galegas, dar a coñecer os seus viños e contribuír ao desenvolvemento económico dos seus territorios a través dunha oferta turística diferenciada, sostible e de calidade.
A proposta articúlase arredor de cinco itinerarios que permiten descubrir Galicia desde diferentes paisaxes e identidades vitivinícolas: a Ruta dos Viños Mareiros (Barbanza e Iria), a Ruta dos Viños con Esencia de Río (Val do Miño-Ourense), a Ruta dos Viños da Biosfera (Betanzos), a Ruta dos Viños Oceánicos (Ribeiras do Morrazo) e a Ruta dos Viños entre Montañas (Terras do Navia).
Como ferramenta vertebradora do proxecto, crearase tamén o Pasaporte das IXP de Viño de Galicia, xunto con outros recursos como unha guía divulgativa, materiais promocionais, contidos audiovisuais, unha plataforma web común e unha rede de colaboradores que contribuirán a reforzar a visibilidade das IXP e das súas adegas.
O lanzamento público desta nova proposta realizarase a través das Xornadas Enoturísticas das IXP de Viños de Galicia, un programa de cinco eventos gratuítos que combinarán presentacións dos itinerarios, visitas guiadas, catas comentadas e degustacións de produtos locais.
As xornadas celebraranse o martes 16 de xuño no Pazo de Goiáns (Boiro), o luns 22 de xuño no Pazo de Trasalba (Amoeiro), o luns 29 de xuño no Pazo de Mariñán (Bergondo), o venres 3 de xullo no Mosteiro de Poio e o luns 13 de xullo na Casa do Cazador (Negueira de Muñiz).
As persoas interesadas poden consultar toda a información sobre os itinerarios e inscribirse gratuitamente nas xornadas a través da web viños.ixp.gal.
O proxecto está promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (coordinador do proxecto), Deloa, Mariñas-Betanzos, Ardecou, Salnés-Ulla-Umia e Montes e Vales Orientais, en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, as adegas, os viticultores e outros axentes dos cinco territorios participantes.
A iniciativa desenvólvese ao abeiro da intervención LEADER do Plan Estratéxico, PEPAC 2023-2027, e conta co financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Coincidindo co día mundial do enoturismo, o GDR publicou un vídeo divulgativo da bitácora audiovisual da “RUTA DOS VIÑOS OCEÁNICOS” na IXP Ribeiras do Morrazo. Trátase de 14 pezas audiovisuais para darlle voz aos legatarios do patrimonio, aos viticultores e a todos aqueles que posúen coñecementos, experiencias e vivenciais vencelladas á cultura do viño nas súas múltiples dimensións humanas, históricas, artísticas e culturais.Preme a ligazón para acceder ao vídeo divulgativo: https://youtu.be/JJdwTFgSXMw
A “Ruta dos viños oceánicos” que o GDR esta a desenvolver, é un itinerario enoturístico e cultural que percorre os atractivos turísticos dos concellos da IXP Ribeiras do Morrazo (Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela) tendo a cultura do viño fío condutor.
A bitácora ten como principais obxectivos:
A Bitácora, pódese ver na Exposición da “RUTA DOS VIÑOS OCEÁNICOS” na planta baixa da sede do GDR, en Os Campos, 19 de Pontevedra.
Reflexión, e música foron protagonistas no encontro celebrado onte no Museo Meirande de Redondela. Luis Paadin, autor da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022», sinalou que nas catas a cegas que fai para a elaboración da súa guía dos viños galegos, sempre atopa alma nos viños con IXP. Juan Carlos Vázquez Abal, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), repasou os retos para unha viticultura sostible, onde as IXPs teñen moito que dicir pola súa raigame tradicional e vínculo co territorio. Xavier Blanco da Fundación Legar puxo o foco no vínculo entre cultura vitícola e música nun encontro ao que acudiron adegueiros de toda Galicia.
O encontro supuxo o peche a un ano de actividades de Viños das IXP de Galicia, un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Este proxecto pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.
Tanto o Subdirector de relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural da Agader (Xunta de Galicia), Moisés Blanco Paradelo, como o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo, José María Tobío, coordinador do proxecto, sinalaron a necesidade de dar continuidade ás actividades deste proxecto co obxectivo de dar a coñecer estes produtos tamén no ámbito urbano, potenciar o asociacionismo e seguir explorando as oportunidades que plantexan os recursos etnoturísticos que rodean a actividade das adegas.
6 Grupos de desenvolvemento rural e 15 Adegas das 4 Ixp de viños de Galicia xuntan os seus esforzos nun proxecto de cooperación para dinamizar o sector vitivinícola e contribuír a súa consolidación e crecemento futuro
Descargar Programa acto de presentación
Descargar Folla de inscrición
O proxecto, cuxo acto de presentación, celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra, ten como obxectivos xerais:
E como obxectivos específicos:
Actuacións previstas.
As accións previstas no proxecto de cooperación parten dun plan de dinamización e promoción das IXP no que se establecen obxectivos e se definen estratexias, actuacións, medios, etc. así como a xestión, control e seguimento das mesmas.
Xornada de presentación e Túnel do viño en Pontevedra
A primeira xornada de dinamización, que servirá como acto de presentación do proxecto, celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra e contará cun espazo para a divulgación, centrado na calidade dos viños amparados polas IXP, a cargo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e unha mesa redonda.
Na mesa redonda abordaranse entre outros temas, a importancia dos recursos enoturísticos, as oportunidades de mercado, os novos modelos de consumo e a caracterización oceánica e ribeirá dos viños das indicacións galegas. Participarán Luís Paadín (profesor e Técnico de Viticultura e Enoloxía da Universidade de Vigo), Antonio Portela (experto en cata de viños, viticultura e enoloxía) e Rafa Quintía (antropólogo e economista). Xunto pódese descargar folla de inscrición e programa.
Está aberta a inscrición ao público a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través de teléfono no número 685 722 084 para atender aos protocolos sanitarios en materia da Covid19.
Os túneles do viño son outra das actividades contempladas no proxecto. Parellas ás xornadas realizaranse os mesmos no territorio de cada unha das IXP de viño galegas. Celebrarase un túnel en cada unha das indicacións xeográficas protexidas dos viños de Galicia, en total catro. O primeiro dos túneles, correspondente á IXP Ribeiras do Morrazo, realizarase en Pontevedra o día 20 de novembro de 2021 na nova sede do grupo coordinador, GDR Pontevedra Morrazo no lugar de Os Campos nº 19 de Mourente.
Os túneles funcionarán como espazo de mostra e promoción de todas as referencias de viño amparadas baixo o selo das IXP, ao tempo, que serán espazos de degustación nos que apreciar as características diferenciais dos mesmos.
Realizaranse varias catas, ao longo do día, co obxectivo de facilitar a participación de diferentes perfís sociais: institucional, canal HORECA, sector, e outros axentes.
Ademais contémplase, a sinatura dun acordo institucional, para a promoción dos viños, no que se pretenden acadar a participación das entidades locais que forman parte das IXP.
Financiamento
O proxecto que conta cun orzamento de preto de 100.000€ está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Entidades colaboradoras
O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia: Adega Ardán, Adega Os Areeiros, Mercedarios do Mosteiro de Poio, Reboraina e Videiras no Mar na IXP Ribeiras do Morrazo; Adega Entre os Ríos, Bodegas Calidade Antonio Saborido, Bodegas Torres Augusti, e Cazapitas na IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria; Pagos de Brigante, Casa Beade, Adegas Bordel, Adegas Rilo na IXP Viños da Terra de Betanzos e Adega Terras Mancas e Vides Singulares na IXP Val do Miño-Ourense.
O compromiso destas entidades privadas, é de contribuír ao financiamento do custo do proxecto nunha porcentaxe do 10% dos gastos subvencionables.
Entidades cooperantes
Participan no proxecto os Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa (Sar, Barbanza e Muros-Noia).
Viños das IXP de Galicia
As Indicacións Xeográficas Protexidas son figuras impulsadas pola Unión Europea para protexer e certificar a calidade e arraigamento de produtos tradicionais dentro dun territorio. Baixo estas indicacións elabóranse en Galicia viños de calidade, auténticos e diversos, mantendo valores artesanais con arraigamento histórico e empregando materias primas naturais coidadas por produtores locais.
Existen actualmente catro Indicacións Xeográficas Protexidas baixo as que se elaboran viños en Galicia:
O mércores 13 de outubro, trala celebración de varias reunións de traballo cos viticultores de Cela e outras persoas interesadas, o GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu presentou no Centro Social do Mar as conclusións alcanzadas trala análise de diferentes alternativas para potenciar a viticultura na zona no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.
Este xoves 16 de xaneiro o GDR participou no encontro de diagnose das catro zonas vitivinícolas galegas con Indicación Xeográfica Protexida que tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), co obxectivo de elaborar de xeito participativo a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia e afrontar, entre outros, os seguintes retos: