O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo promove a campaña de sensibilización ambiental “Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora!”, unha iniciativa que pon o foco na resiliencia paisaxística como ferramenta clave de prevención fronte aos incendios forestais. A campaña parte da evidencia científica e técnica que conclúe que a maior parte dos grandes incendios están asociados a paisaxes homoxéneas, degradadas, con elevada continuidade horizontal e vertical do combustible, resultado do abandono rural, da fragmentación da propiedade e da expansión de monocultivos forestais altamente inflamables. Un modelo de prevención baseado na infraestrutura verde A mensaxe central da campaña…
A violencia contra as mulleres non é só unha agresión individual: é un problema social que medra cando permanecemos en silencio. Mirar para outro lado, normalizar agresións, minimizar actitudes e comportamentos cotiás que perpetúan desigualdades e normalizan o machismo non é neutral — fainos cómplices.  ❌ Rachar coa indiferenza significa prestar atención, ofrecer apoio e activar canles de protección. Podes ver todos os vídeos ?: https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/videos/ #GDRPontevedraMorrazo #EspazolibredeViolenciaMachista #RachemosCoaIndiferenza #25N
O GDR Pontevedra Morrazo participou onte na xuntanza convocada pola Consellería de Medio Rural para abordar o futuro do programa LEADER no Marco Financeiro Plurianual 2028-2034, celebrada en Santiago de Compostela. Durante o encontro, representantes institucionais e dos grupos de desenvolvemento rural galegos coincidimos na necesidade de garantir un financiamento estable e suficiente para o programa LEADER, ferramenta clave para o impulso do emprendemento, a innovación e a cohesión territorial no medio rural. O novo marco financeiro europeo prevé un Fondo Europeo para a Cohesión Económica, Social e Territorial, que integrará diversas políticas e fondos, entre eles a PAC, a…
O pasado venres 31 de outubro, celebramos no Salón de Plenos do Concello da Cañiza a presentación institucional do proxecto de cooperación LEADER Vía Mariana Luso-Galaica, un evento que reuniu representantes institucionais, grupos de desenvolvemento rural, entidades locais, e representantes da Asociación da Vía Mariana Luso-Galaica e organizacións vinculadas ao turismo e á cultura. A iniciativa, impulsada por seis GDR galegos, ten como obxectivo promocionar e dinamizar turisticamente a Vía Mariana, un itinerario que conecta Braga con Muxía a través de santuarios marianos e paisaxes de gran valor natural e patrimonial. O evento supuxo un punto de partida clave para…
  O balance non deixa dúbidas: con máis de 120 persoas beneficiarias en 5 centros de día do noso territorio, Memoria Sonora contribuíu a: ✅ Mellorar a atención, interacción e benestar das persoas maiores participantes, ✅ Poñer en valor o patrimonio inmaterial galego ✅ Demostrar que a cultura tamén é saúde e benestar. O GDR Pontevedra Morrazo seguirá apostando por iniciativas que, coma esta, mesturen innovación social e tradición, poñendo as persoas no centro do desenvolvemento rural.  O noso máis sincero agradecemento a todos os centros e ás persoas participantes por facelo posible. E á Fundación Legar e a Xavier…
O GDR Pontevedra-Morrazo celebrou este xoves, na súa oficina técnica, unha reunión de traballo coa participación das adegas das 5 Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Viño de Galicia e as asistencias técnicas do proxecto. Durante o encontro presentouse o avance das accións incluídas no proxecto de cooperación de Enoturismo nas IXP de viño de Galicia, así como o proceso de creación da Rede de Colaboradores das IXP, destinada a fortalecer a relación entre os actores públicos, privados e operadores turísticos. Esta rede permitirá coordinar esforzos, compartir coñecemento e impulsar o enoturismo sostible como motor de desenvolvemento económico e social nos…
O GDR Pontevedra Morrazo participa no proxecto de Cooperación Leader “Vía Mariana Luso-Galaica”, xunto a outros cinco grupos galegos, co propósito de promocionar e dinamizar turisticamente este itinerario que une Braga e Muxía. Na última reunión, mantivemos un encontro coa Asociación da Vía Mariana, promotora da ruta desde 2018, para fortalecer o traballo conxunto e o desenvolvemento turístico sostible do territorio. Un proxecto que une ? cultura, natureza e comunidade. GDR participantes: Pontevedra Morrazo, Deloa, Terras de Compostela, Costa da Morte, Eu Rural e Terra e Auga (grupo coordinador). #Cooperación #VíaMariana #LEADER #TurismoSostible #DesenvolvementoRural #somosGDR
O GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar este mércores 27 de Agosto de 2025, os proxectos da convocatoria 2025/26 da intervención LEADER , no marco da PEPAC 2023_27. De entre as solicitudes presentadas ata 30 de maio de 2025, aprobáronse os proxectos que a continuación se relacionan, que se subvencionarán na anualidade 2025_26, ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía: PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS O investimento total aceptado…
Trátase dunha aposta polo desenvolvemento do enoturismo ligado ás IXP vitícolas de Galicia, para fomentar un turismo sostible, dinamizar a economía local e dar a coñecer os viños e as adegas das 5 IXP, mellorando a súa visibilidade e recoñecemento  O proxecto está coordinado polo GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración con 5 GDR (Salnés Ulla-Umia, Deloa, Mariñas-Betanzos, Montes e Vales e  Ardecou)  e coa Asociación das 5 IXP de Viños de Galicia e as adegas locais. #cooperación #gdr #leader #desenvolvementorural #viñosdasixpdeGalicia #viñosquefaladenós #ixpdeGalicia #gdrpontevedramorrazo #adercou #deloa #gdrsalnésullaumia #gdrmariñasbetanzos #gdrmontesevalesorientais #somosGDR #agader #EnoturismoIXP #CooperaciónRural
Esta semana votou andar en cinco centros de día do territorio o proxecto “Memoria Sonora”; unha iniciativa do GDR Pontevedra Morrazo, que utiliza a música de raíz como elemento vivo de conexión, memoria e coidado das persoas maiores máis vulnerables. Trátase dunha iniciativa de intervención social  para estimular as funcións motrices, cognitivas  etc. das persoas maiores en situación de vulnerabilidade; promover o seu benestar emocional e social; e preservar e divulgar, ao mesmo tempo, o noso patrimonio cultural inmaterial. Obxectivos Obxectivos Xerais Mellorar a calidade de vida das persoas maiores. Poñer en valor o noso patrimonio cultural inmaterial  Obxectivos Específicos Estimular…