ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (GDR 15) veñen de asinar un convenio financeiro co fin de promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial dos concellos pontevedreses que integran a asociación: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. O convenio facilita que os empresarios e emprendedores das comarcas pertencentes ao GDR accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os asociados contarán con produtos específicos de ABANCA co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas:…
Visita dos integrantes do curso "Xestión Sustentable do Monte e Producións Alternativas" á Comunidade de montes de O Carballo (Friol). Os participantes puideron coñecer de primeira man o traballo dos comuneiros, que non só se adican ó aproveitamento da madeira, senón tamén á apicultura, á recollida de cogomelos e de resina e a cría de cabalos e porcos celtas.
Aberto o prazo para participar no concurso de fotografía e vídeo "Que hai nesta botella?" dentro da campaña de promoción da IXP Ribeiras do Morrazo que impulsa o GDR Pontevedra-Morrazo. O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO e a temática consiste en interpretar o lema da campaña "Que hai nesta botella?. Por cada categoría sairá un gañador elixido por un xurado escollido pola propia IXP. As persoas que desexen participar deberán subir as súas fotos e/ou vídeos a páxina de Facebook (https://www.facebook.com/IXP-Ribeiras-do-Morrazo-961447397374110/) ou Instagram (https://www.instagram.com/ribeirasdomorrazo/?hl=es) da IXP Ribeiras do Morrazo etiquetando a esta e usando os hashtags #FOTOquehainestabotella e #VIDEOquehainestabotella. Os…
Para aqueles que non tivéchedes oportunidade de ver a campaña de televisión da IXP Ribeiras do Morrazo, a continuación mostramos o anuncio da IXP que se emitiu nestas últimas semanas na TVG como parte da campaña Que hai nesta botella? e co obxectivo de dar a coñecer e dinamizar este novo selo de calidade.
Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos. Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.
Visita de traballo dos participantes no curso "Agricultura ecolóxica", comprendido dentro do programa formativo "Xestión agroforestal sustentable" que o GDR está a desenvolver, ás instalacións de Hifas da Terra​ e Pilar Vispo Rodríguez para coñecer de primeira man a súa experiencia neste ámbito. Agradecer a ambos a súa colaboración e a boa atención dispensada.
O 03 de setembro arrancaron no Pazo da Cultura de Pontevedra os cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable que desenvolve o GDR Pontevedra Morrazo. As accións formativas que se van a desenvolver durante este mes de setembro son: Agricultura ecolóxica (22 h) Gandería ecolóxica (16 h) Xestión sustentable do monte e producións alternativas (22 h) Sector ecolóxico: Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (10 h)
O obxectivo da campaña é dar a coñecer a IXP Ribeiras do Morrazo a sociedade/mercado, darlle visibilidade, identidade, e dicir pretende o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía cunha dobre finalidade: DINAMIZAR A VITICULTURA E OS VITICULTORES DO TERRITORIO POSICIONAR OS VIÑOS DA IXP CARA AO MERCADO A MENSAXE EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE DINAMIZACIÓN, A campaña pretende poñer en valor o traballo dos viticultores Comunicar que existe, unha viticultura, marítima, inxerida no atlántico, OCEÁNICA, de gran potencial Que hai unha oportunidade para novas iniciativas vitivinícolas de calidade, para o enoturismo etc. Que hai novas oportunidades de emprendemento e emprego…
Este xoves 16 de agosto presentamos na Casa da Luz do Concello de Pontevedra a campaña de dinamización e promoción da IXP Ribeiras do Morrazo: QUE HAI NESTA BOTELLA? Ao acto asistiron o presidente do GDR Miguel Anxo Fernández Lores, o Director Xeral da AGADER, Miguel Angel Pérez Dubois, o vicepresidente da Asociación galega de sumilleres, D. Antonio Portela, o xerente do GDR José Mª Tobío así como representantes dos diferentes concellos do territorio da IXP, representantes do sector, das asociacións de viticultores e Adegueiros, prensa especializada, etc. #ixpribeirasdomorrazo #viñosoceanicos #quehainestabotella? #haifuturo   MÁIS INFORMACIÓN https://www.youtube.com/watch?v=vUZRz4ItF9Y https://www.facebook.com/961447397374110/videos/863745200679739/ https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/          …
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2018/19 de axudas europeas Leader por importe de 698.265,12 euros de axuda pública e 1.842.306,28 euros de investimento total para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de maio de 2018, a Xunta Directiva aprobou 21 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2018/19 e contribuirán a creación e consolidación de 59,95 empregos (UTAS) dos cales 10,81 empregos serán de nova creación.