O vindeiro xoves, 15 de xuño de 2023, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para rematar a elaboración da futura estratexia do territorio. O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo. Queremos coñecer a túa opinión, para definir entre tod@s os principais obxectivos e proxectos que van marcar o rumbo do territorio…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2023/24 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221229/AnuncioO90-271222-0001_es.html). Trátase das axudas ás que poden optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural para desenvolver proxectos produtivos e non produtivos que dinamicen as súas contornas As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo (GDR 15) e presentaranse a través da Sede Electrónica da Xunta de…
No 2023 teremos unha nova oportunidade para cooperar e colaborar entre todas as Indicacións Xeográficas Protexidas de viño de Galicia.
O Foro Virtual celebrado este mércores permitiu poñer en común e contrastar con todas as persoas e entidades participantes a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas 2023_27 do territorio. Ademais puidéronse tratar e debater as propostas de proxectos piloto do ámbito agrario e forestal, xurdidas dos diferentes paneis estratéxicos convocados polo GDR nos que participaron diversas persoas, colectivos, entidades, empresas, universidades e centros de investigación do territorio. Trátase de proxectos de carácter innovador, con capacidade de arrastre e relevantes para a economía e a sociedade. En concreto abordouse un proxecto do ámbito agrario que explora novas vías para…
Aqueles que ainda non o fixeran poderán opinar e facer propostas ou achegas a través do cuestionario online ata o martes 29 de novembro ás 14:00h. Ligazón: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5 Ademais o vindiero mércores 30 de novembro celebraremos un FORO VIRTUAL para poñer en común e contrastar, a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio. Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos Inscrición:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia 2023_2027, o GDR, puxo e marcha diferentes paneis estratéxicos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que diferentes persoas e entidades do territorio puideron opinar e facer as súas achegas e propostas para orientar os fondos do vindeiro LEADER.  Nestes grupos de traballo abordáronse temáticas específicas e transversais: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (presencial): determinando os factores de innovación e sostibilidade da futura estratexia, con atención preferente ao sector agrario (viticultura, agricultura ecolóxica etc) e forestal (multifuncionalidade, enerxías alternativas, descarbonización etc). ademais a reunión serviu para afondar…
No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mujeres, lembramos  mediante o lema da campaña #Rachemoscoaindiferenza, a importancia dunha sociedade activa fronte á violencia de xénero .
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, pon e marcha diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais: Día 22/11: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (Presencial). Sede GDR Pontevedra Morrazo Día 24/11: Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial. (Virtual) Día 24/11: Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías(Virtual) Ademais, para rematar esta 1ªfase…
Articulado en mesas sectoriais, o foro realizou unha reflexión conxunta entre os axentes institucionais, económicos e sociais, así como a veciñanza do territorio de influencia do GDR, que permitirá deseñar a estratexia de desenvolvemento local participativo do vindeiro LEADER 2023-2027 Este martes, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio. O foro permitiu a dinamización e activación do capital social sobre o que se asentará a estratexia de participación do GDR Pontevedra Morrazo que deberá contribuir ao obxectivo xeral de “Promover o emprego, o…
O vindeiro martes, 08 de novembro de 2022, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio. O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo. Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e…