#Rachemos coa indiferenza

Conscientes de que a violencia de xénero é un problema social, dende o GDR Pontevedra Morrazo, creamos este novo espazo co fin de visibilizar e informar sobre a problemática da violencia de xénero e concienciar á poboación de cara a súa prevención e a promoción da igualdade. Porque combatela é responsabilidade de toda a sociedade, e a indiferenza fainos cómplices. 

Segundo o acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admón. pública e Xustiza e a Consellería de Medio rural, a través da AGADER no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Máis información: https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/

#RACHEMOSCOAINDIFERENZA

A campaña consistiu no deseño e realización dunha imaxe e slogan así como a creación de tres vídeos curtos para a difusión nos distintos espazos web e redes sociais dos 13 concellos vencellados ao GDR Pontevedra Morrazo.

A campaña desenvolveuse cunha linguaxe clara, directa e sinxela, coa finalidade de que este fenómeno non permaneza oculto, e que cada individuo persoal ou colectivamente, tome un papel activo para promover un cambio a través da reflexión.

1- Creación de slogan e lema para campaña #RACHEMOSCOAINDIFERENZA

2- Deseño da imaxe para campaña e deseño de cartel, adaptando a mesma a diferentes formatos (banner para Facebook e adaptación para distintas redes sociais).

3- Edición e post-produción de 3 vídeos de 30 segundos para a campaña.

DÍPTICO CAMPAÑA #RACHEMOSCOAINDIFERENZA

Descargar díptico:  

CARTEIS CAMPAÑA #RACHEMOSCOAINDIFERENZA

Descargar carteis con logos: 

Descargar carteis sen logos: 

OS VÍDEOS

Baixo o hashtag #RACHEMOSCOAINDIFERENZA elaboráronse 4 microvídeos que pretenden mobilizar a poboación e promover un cambio social, aumentando a conciencia sobre a problemática da violencia sobre a muller.

Os vídeos, colocan ao conxunto da sociedade como protagonista da loita contra a violencia de xénero, apelando ao activismo da cidadanía instándoa a rexeitar ás violencias machistas, rachando co silencio e a pasividade.

 

Vídeo 1. A pasividade fainos cómplices.

 

 

Vídeo 2. Ti podes cambiar as cousas.

 

 

Vídeo 3. Rexeita as violencias machistas

 

 

Vídeo 4. Ver, oír e actuar!.

 

 

#Rachemos coa indiferenza. Vídeo 1

 

#Rachemos coa indiferenza. Vídeo 2

 

#Rachemos coa indiferenza. Vídeo 3

 

MATERIAL GRÁFICO.

O símbolo utilizado na campaña pretende mostrar publicamente un compromiso activo contra este tipo de violencia que ten a súa orixe na desigualdade de xénero. A través da web ou Facebook poderase descargar o logotipo en diferentes formatos para favorecer a súa utilización:

Banner Facebook.com

Cartel capaña.jpg

Cartel para personalizar con logos.V1.jpg

Cartel para personalizar con logos.V2.jpg

Guía RSC GDR.pdf

Imaxe recursos.jpg

Ribeiras do morrazo_identificador.pdf

Símbolo + hashtag.jpg