O vindeiro martes, 08 de novembro de 2022, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio. O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo. Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e…
O GDR Pontevedra Morrazo iniciou un amplo proceso de participación cidadá para deseñar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2023_2027 que orientará os fondos europeos da medida LEADER no territorio. A participación neste proceso é aberta e calquera persoa ou entidade poderá enviar as súas achegas e suxestións a través dun cuestionario online no que queremos recoller as opinións sobre as principais necesidades e prioridades para o desenvolvemento do territorio. Ligazón cuestionario: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5 Grazas pola túa participación, entre todos podemos contribuír a revitalizar o rural, a facelo máis habitable e habitado, dinámico e integrador.
Fai un ano, tal día coma hoxe, publicamos un vídeo de sensibilización sobre a paisaxe e a necesidade de preservala e poñela en valor. A paisaxe é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas e xoga un papel moi importante como elemento vertebrador e integrador para o desenvolvemento sustentable do territorio. Por iso agora e sempre PROTEXAMOS A PAISAXE!! https://youtu.be/VF5y4EgXuCs 20 outubro #díainternacionaldapaisaxe #paisaxe #20deoutubro #díainternacionaldapaisaxe #díainternacionaldelpaisaje #paisaje #gdrpontevedramorrazo #desenvolvementosostible #desarrollosostenible #coidaroplaneta #cuidarelplaneta #coidarapaisaxeefacerterritorio
Reflexión, e música foron protagonistas no encontro celebrado onte no Museo Meirande de Redondela. Luis Paadin, autor da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022», sinalou que nas catas a cegas que fai para a elaboración da súa guía dos viños galegos, sempre atopa alma nos viños con IXP. Juan Carlos Vázquez Abal, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), repasou os retos para unha viticultura sostible, onde as IXPs teñen moito que dicir pola súa raigame tradicional e vínculo co territorio. Xavier Blanco da Fundación Legar puxo o foco no vínculo entre cultura vitícola e…
O evento celebrarase o vindeiro venres 7 de outubro ás 17.30 no Museo Meirande de Redondela. Abrirá o faladoiro o sumiller Luis Paadín, sumiller, autor da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022», cun relatorio titulado «Retos nun mercado cambiante: posicionamento das IXP». Juan Carlos Vázquez Abal, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), continuará poñendo o foco nos retos para unha viticultura sostible nos nosos días. O mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional Xavier Blanco, da Fundación Legar, abordará nunha actuación musical a representación da música tradicional na cultura do viño. O evento rematará coa degustación de viños galegos con IXP. O…
O GDR Pontevedra Morrazo foi seleccionado como organización candidata a converterse en entidade colaboradora da AGADER na xestión da medida Leader Galicia 2023-27. Na Xunta Directiva celebrada onte deuse conta da preselección do GDR como entidade colaboradora e da concesión dunha subvención orientada á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño da futura estratexia de desenvolvemento local participativo para o período 2023-27. Deste xeito a Xunta Directiva acordou lanzar o proceso de elaboración da EDLP que deberá estar finalizado antes do 20 de decembro de 2022.
O GDR Pontevedra Morrazo organiza en Bueu unha xornada sobre “sistemas alternativos de cultivo na viticultura” na que se abordará a problemática do cultivo sustentable da viña, e como mellorar a saúde dos solos, para lograr mellores rendementos vitícolas, tanto en cantidade como en calidade. O evento terá lugar o día 1 de setembro ás 18:30h, no Centro Social do Mar en Bueu. A xornada, que se enmarca dentro do proceso de dinamización que o GDR Pontevedra-Morrazo está a realizar na IXP Ribeiras do Morrazo, pretende contribuír a desenvolver as potencialidades da viticultura no territorio da IXP, e de xeito especial…
Esta iniciativa xa está dispoñible na páxina web de Xuventude, e terá como principal ferramenta un mapa de recursos que recompilará os programas postos en marcha polos distintos departamentos do Goberno galego para a mocidade en ámbitos como a educación, o emprego, a igualdade, a mobilidade, a vivenda ou o lecer. Ademais, esta oficina conta tamén cunha canle electrónica de asesoramento individualizado para todos os mozos e mozas de Galicia. 
O GDR Pontevedra Morrazo culmina a primeira fase dos traballos preparatorios para converterse en entidade colaboradora da Xunta de Galicia na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, coa solicitude formalizada este luns 01 de agosto de 2022. Os traballos preparatorios comezaron o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras. Entre outros asuntos, aprobáronse en Asemblea xeral a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período,  e  púxose en marcha a campaña #somos GDR para animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do GDR,…
#somosGDR é unha campaña que busca a participación activa das entidades e asociacións do territorio no Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo. As asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio podedes formar parte do GDR. Por que asociarse ao GDR? Porque vos sentides orgullosos do noso territorio. Porque representades un reforzo social e sectorial para o GDR. Traeredes novas ideas, valores e obxectivos. Enriqueceredes os nosos debates facéndonos máis plurais. Para colaborar no deseño e xestión da estratexia de desenvolvemento local.…