As xornadas organizadas polo GDR Pontevedra Morrazo reuniron investigación, planificación territorial e experiencias prácticas para avanzar na prevención estrutural dos incendios e na construción de paisaxes máis diversas, activas e resilientes.

O GDR Pontevedra Morrazo celebrou os días 2 e 3 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, as xornadas «Paisaxes resilientes: do diagnóstico á acción», un encontro que reuniu especialistas dos ámbitos científico e técnico e persoas vinculadas á xestión directa do territorio para analizar os factores que condicionan a vulnerabilidade da paisaxe fronte aos incendios forestais e debater sobre como avanzar cara a modelos de xestión máis activos, diversos e sostibles.

As xornadas deron continuidade ao traballo de sensibilización desenvolvido polo GDR arredor da importancia da paisaxe e, especialmente, á campaña de 2025 «Paisaxes resilientes contra o lume. O momento é agora!». Nesta ocasión, o obxectivo foi dar un paso máis: pasar da concienciación social á análise das alternativas e das condicións necesarias para construír paisaxes máis resilientes.

Do diagnóstico da paisaxe ás alternativas para o cambio

A primeira xornada, centrada na evolución da paisaxe e nos factores que condicionan a súa vulnerabilidade, contou cos relatorios de Juan Picos Martín e Adrián Regos Sanz, que abordaron a transformación dos usos do territorio, o abandono e os novos escenarios de lume, así como a relación entre estrutura territorial, diversidade ecolóxica e resiliencia.

A mesa de debate, moderada por Elvira Santiago Gómez, contou tamén coa participación dos relatores e de Xavier Simón Fernández, Quico Ónega López e Joám Evans Pim. O intercambio incorporou perspectivas ecolóxicas, económicas, sociais e comunitarias, e abordou cuestións como a mobilización da terra, os mosaicos agroforestais, a recuperación de usos, a restauración ecolóxica e a xestión comunitaria.

Da planificación á acción: xestión e rendibilidade

A segunda xornada centrouse nas ferramentas e condicións necesarias para levar as propostas á práctica. Inés Santé Riveira abordou a ordenación e mobilización do territorio, mentres que María Rosa Mosquera-Losada tratou as posibilidades dos sistemas agroforestais, a diversificación produtiva e a rendibilidade.

A mesa, moderada por Emilio Díaz Varela, reuniu tamén as relatoras e as experiencias de Ovidio Queiruga, Sergio Chapela, Francisco Pedras Saavedra e Lito Prado, relacionadas coa xestión comunitaria do monte, o silvopastoreo, a innovación na cadea de valor da madeira e a recuperación de soutos e aproveitamentos locais.

A prevención estrutural tamén se constrúe sobre o territorio

Unha das principais ideas que atravesou as dúas xornadas foi a necesidade de abordar a prevención dos incendios forestais desde unha perspectiva territorial, que vaia máis alá da resposta ao lume unha vez iniciado.

A vulnerabilidade da paisaxe responde á interacción de múltiples factores: os cambios nos usos do solo, o abandono de determinadas actividades, a estrutura e continuidade da vexetación e as condicións meteorolóxicas e climáticas, entre outros. Por iso, non existen causas únicas nin medidas illadas capaces de resolver un problema desta complexidade.

As reflexións e experiencias compartidas apuntaron á importancia de avanzar cara a paisaxes máis diversas e funcionalmente xestionadas, favorecendo a recuperación de usos, os mosaicos agroforestais, a mobilización da terra e a implicación das comunidades e dos distintos axentes que actúan no territorio. Estas actuacións deben adaptarse ás características de cada lugar e contar coa planificación e o mantemento necesarios.

Planificar, xestionar e facer viable o cambio

Outro dos eixes centrais das xornadas foi a necesidade de que as propostas de transformación da paisaxe poidan levarse á práctica e manterse no tempo.

Para iso, a planificación debe ir acompañada de instrumentos de mobilización e ordenación da terra, acordos entre os axentes implicados, capacidade técnica, cooperación e modelos de actividade produtiva e aproveitamento economicamente viables.

As experiencias compartidas permitiron achegar o debate á realidade da xestión, mostrando a diversidade de iniciativas e posibilidades existentes, pero tamén a importancia de considerar os seus custos, requisitos, dificultades e condicións de continuidade. A diversificación dos aproveitamentos, a agroforestería, o silvopastoreo, a innovación forestal e a recuperación de actividades tradicionais poden ofrecer oportunidades, sempre que se axusten ás características e posibilidades de cada territorio.

As xornadas puxeron así de relevo a importancia de conectar o coñecemento científico, a planificación e a experiencia práctica, así como de incorporar a participación, a cooperación e a viabilidade económica á construción de paisaxes resilientes.

Desde o GDR Pontevedra Morrazo valórase a importancia de promover espazos de encontro e intercambio que contribúan a identificar oportunidades, dificultades e vías de actuación, reforzando a capacidade colectiva para xestionar o territorio e avanzar cara a un medio rural máis activo, sostible e resiliente.

Coidar a paisaxe é construír territorio. O momento é agora!

Financiamento: Actividade promovida polo GDR Pontevedra Morrazo e cofinanciada pola Unión Europea, o Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia, con fondos LEADER do PEPAC 2023–2027.

Publicado en novas

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo aprobou o 19 de outubro a proposta de selección de proxectos da convocatoria LEADER 2026, que abrangue 20 proxectos seleccionados entre os 33 expedientes tramitados. Catro iniciativas produtivas figuran na lista de agarda.

Os proxectos que contan con axuda proposta suman un investimento aceptado de 3.430.092,49 euros e unha axuda pública de 1.011.059,08 euros. A selección compromete a totalidade dos fondos previstos para as distintas tipoloxías de proxectos nas anualidades correspondentes.

As iniciativas inclúen proxectos produtivos de creación e modernización empresarial e proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais e entidades privadas, destinados a mellorar os servizos, a accesibilidade, o patrimonio e os recursos comunitarios.

Impacto previsto no emprego

Os proxectos produtivos con axuda proposta prevén consolidar e crear 36,91 postos de traballo: 22,16 de consolidación de emprego existente e 14,75 de nova creación.

Estes datos amosan a contribución de LEADER ao mantemento da actividade económica e á xeración de novas oportunidades no territorio.

A convocatoria enmárcase na intervención LEADER do PEPAC 2023-2027, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), xunto coas achegas do Ministerio de agricultura, pesca e alimentación e Xunta de Galicia.

 

ANEXO I: PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA

Número de expediente

Título

Promotor

Orzamento aceptado

Porcentaxe de axuda (%)

IMPORTE TOTAL AXUDA

7119-15-0025

Centro de consultoría e coworking, Lama CoLab

Maria Erundina Louro Justo

43.408,59

45,00%

19.533,87

7119-15-0041

Centro deportivo, Abase Arena

Abraham Barros Barros

215.095,40

45,00%

96.792,93

7119-15-0045

Creación de aloxamento de turismo rural, Casa Aperta

Sonia Fuentes Lois

227.053,82

45,00%

102.174,22

7119-15-0020

Centro de Tecnificación Futbolística Indoor de Alto Rendemento (Barro)

Elistesport 360 SL

310.340,73

42,20%

130.963,79

7119-15-0036

Modernización de adega para o desenvolvemento de servizos enoturísticos

Videiras no Mar SL

26.031,53

41,50%

10.803,08

7119-15-0029

Creación Espacio Gastro, Local 7

Montserrat Gonzalez Riesco

282.000,00

40,36%

113.815,20

7119-15-0035

Campamento de Turismo para Autocaravanas Domaio

CMVMC Domaio

680.348,05

39,94%

180.000,00

7119-15-0015

Ampliación e Modernización de panadería, A Cesta do Pan

A Cesta do Pan SL

585.097,98

39,50%

180.000,00

7119-15-0019

Automatización e Dixitalización de empresa de Mecanizados

Aerismetal Mecanizado de Precision SL

50.000,00

36,00%

18.000,00

7119-15-0037 (1)

Campamento accesible e inclusivo no Camiño de Santiago, Lar Natura

Yeah-Go SL

776.014,41

32,88%

12.996,24

   

TOTAL

3.195.390,51

 

865.079,33

(1) Adxudicación parcial correspondente ao límite máximo do crédito dispoñible dentro da medida 7119 tipoloxía de proxectos produtivos. Dado que os fondos propostos non son suficientes para completar a totalidade da axuda que lle corresponde ao promotor (180.000€), o expediente quedará en situación de reserva de fondos polo importe restante (167.003,76€). Ditos fondos serán activados no caso de que existan remanentes ou fondos dispoñibles na presente convocatoria de proxectos.


           ANEXO II: PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS CON AXUDA CONCEDIDA

Número de expediente

Título

Promotor

Orzamento aceptado

Porcentaxe de axuda (%)

IMPORTE TOTAL AXUDA

7119-15-0023

Mellora da Eficiencia Enerxética no Centro Social de Barroncas

Concello de Soutomaior

33.638,80

78,75%

26.490,56

7119-15-0033

Valorización e consolidación da ponte P2 sobre o río Loira

Concello de Marín

23.399,42

64,56%

15.106,67

   

TOTAL

57.038,22

 

41.597,23

 

                 ANEXO III: PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS CON AXUDA CONCEDIDA

Número de expediente

Título

Promotor

Orzamento aceptado

Porcentaxe de axuda (%)

IMPORTE TOTAL AXUDA

7119-15-0026

Adquisición de vehículo adaptado para atención social e comunitaria OFIR VIDA

Fundacion OFIR VIDA

35.347,60

90,00%

31.812,84

7119-15-0022

Dixitalización para a creación de novos servizos audiovisuais e educativos FICBUEU

Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBUEU

4.461,57

80,00%

3.569,26

7119-15-0030

Posta en valor dos petroglifos de Pedre

CMVMC Pedre

20.805,61

80,00%

16.644,49

7119-15-0039

Área de lecer no entorno da capela de Paredes (Moimenta)

CMVMC Paredes

28.479,38

47,00%

13.385,31

7119-15-0034

Creación de Área Multideporte e Recreativa en A Portela

CMVMC A Portela

88.569,60

44,00%

38.970,62

   

TOTAL

177.663,76

 

104.382,52

 

ANEXO IV: LISTA DE AGARDA PROXECTOS PRODUTIVOS

Número de expediente

Título

Promotor

Orzamento aceptado

Porcentaxe de axuda (%)

7119-15-0037

Campamento accesible e inclusivo no Camiño de Santiago, Lar Natura

Yeah-Go SL

776.014,41

32,88%

7119-15-0014

Centro deportivo e de benestar

Enforma Gym Pontevedra SL

426.146,48

32,27%

7119-15-0040

(2)

Campamento Turístico Lareira

Lareira Nerga SL

1.237.510,11

29,00%

7119-15-0028

Pensión con 8 Apartamentos, Samieira Inn. Playa de Laño 1

Querosa Tec SL

804.728,00

27,71%

(2) Condicionado á emisión pola comisión correspondente do informe/acta de subvencionabilidade favorable previo da iniciativa proposta ó abeiro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Turismo e Agader.

Publicado en novas

O GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar este mércores 27 de Agosto de 2025, os proxectos da convocatoria 2025/26 da intervención LEADER , no marco da PEPAC 2023_27.

De entre as solicitudes presentadas ata 30 de maio de 2025, aprobáronse os proxectos que a continuación se relacionan, que se subvencionarán na anualidade 2025_26, ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía:

PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA

p_produtivos.png

PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS

p.concellos.png

PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS

non produtivos outras entidades.png

O investimento total aceptado e comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 731.897,63 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 30,01 empregos (UTAS) dos cales 4,50 empregos serán de nova creación e 25,51 de consolidación. Estes proxectos serán cofinanciados con fondos do FEADER (80%), AGADER (4%) e MAPA (16%).

Publicado en novas

O 2º proxecto de cooperación das IXP de viño de Galicia culmina coa creación e posta en marcha da asociación dos operadores das IXP, coa elaboración de estudos preeliminares para mellorar a base territorial das explotacións e apostando polo enoturismo.

A asociación nace dentro do proxecto de cooperación “Desenvolvemento e dinamización das IXP de Viño de Galicia” . Trátase dunha iniciativa impulsada polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR 15 Pontevedra Morrazo, GDR 03 Montes e Vales Orientais, GDR 11 Comarca de Ourense, GDR 17 Salnés, Ulla, Umia GDR 18 Deloa, GDR 23 Mariñas Betanzos) e financiada polo FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural), no marco do programa LEADER, actuando o GDR Pontevedra Morrazo como grupo Coordinador.

Entre os obxectivos do proxecto contemplase o impulso ao asociacionismo e cooperación entre os diferentes operadores das IXP de viños de Galicia para crear estruturas permanentes de colaboración.

Como colofón deste proceso, este luns 27, na Sede de Agacal, tivo lugar o acto de constitución da Asociación de IXP de Viños de Galicia, coa sinatura da acta fundacional e a elección da Xunta Directiva e coa participación das 17 adegas pertencentes ás diferentes IXP: IXP Ribeiras do Morrazo, IXP Barbanza Iria, IXP Betanzos, IXP Val do Miño-Ourense, IXP Terras de Navia.

Coa constitución da Asociación mellórase a gobernanza e colaboración entre operadores, reforzando o posicionamento e mellorando a información e promoción das adegas das IXP e dos seus viños.

A aposta pola colaboración entre ás adegas das IXP supón, entre outras as seguintes vantaxes:

  • Unha solución conxunta e máis rendible para afrontar as problemáticas comúns do sector.
  • A promoción conxunta implica unha maior oferta de produto, máis solvente e diversificada, o que optimiza a comercialización. Tamén supón ter maior capacidade para enfrontarse ao mercado e para asistir a feiras ou eventos.
  • Increméntanse as posibilidades de acceso ao financiamento público, principalmente no relacionado coa calidade alimentaria.
  • Aumentan as posibilidades de compartir servizos comúns de carácter técnico, de asesoramento, esixencias normativas,... pero tamén recursos.
  • Cooperar é necesario para facer a xestión e uso compartido da plataforma común de promoción: https://viños.ixp.gal/es, creada a través do proxecto de cooperación. Isto implicará unha maior difusión e comunicación de todas as IXP e de cada unha das adegas.
  • Por último, cooperar tamén permitirá a posibilidade de compartir provedores comúns: botellas, cortizas, portaenxertos, fitosanitarios, produtos de limpeza etc.

Este luns, 27 de novembro, ás 11 horas celebrouse na sede de AGACAL (Santiago de Compostela) a constitución da asociación das IXP de viño de Galicia. Á cita acudiron representantes das 17 adegas que forman parte das cinco IXP de Galicia. Tras aprobar os estatutos da asociación, designáronse aos titulares da xunta directiva:

  • Presidente/a: María Teresa Maestre Manteca
  • Secretario/a: Luís Sande Lamas
  • Vicepresidente/a: Manuel Cancio López
  • Tesoureiro/a: José Manuel Bandín Castiñeiras
  • Vogal: Enrique Fernández-Perán Martínez Cubells.

 

OUTROS RESULTADOS DO PROXECTO DE COOPERACIÓN

O proxecto de desenvolvemento e dinamización das IXP de viños de Galicia, ten tamén como finalidade impulsar a viticultura nas IXP de Galicia desenvolvendo a base territorial das explotacións vitícolas, promocionando os seus viños e adegas e desenvolvendo o enoturismo.

Por iso outra das accións realizadas para lograr os obxectivos deste proxecto, e a elaboración de estudos preliminares para desenvolver polígonos agroforestais nas IXP de viños de Galicia (mínimo de 10 ha. en cada polígono de cada IXP), que permitan a posible ampliación da superficie cultivada.

Tamén foron creados e deseñados cinco itinerarios enoturísticos. Trátase de cinco itinerarios circulares, un por zona, a partir da identificación de recursos do territorio xeoreferenciados (adegas, espazos ou recursos de interese vitícola ou enolóxico, elementos patrimoniais, etc.) Inclúense tamén un folleto enoturístico por cada IXP

Ademais durante o mes de outubro celebráronse catro xornadas divulgativas de viños das IXP de Galicia en catro cidades galegas (Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña) que reuniron a máis de 700 persoas.

En cada xornada púidose coñecer unha mostra/exposición de todos os viños que comercializan as IXP de Galicia. Pola mañá, impartiuse unha masterclass de formación e divulgación sobre a viticultura e os viños das IXP de Galicia da man de Alejandro e Luis Paadín, e pola tarde, con Martiño Santos, realizáronse catas comentadas de viño dirixidas a prescritores, canle Horeca e público xeral.

Publicado en novas

A empresa FRUTODS, solucións conceptuais e innovación, ven de recibir o premio de AGADER ao desenvovemento rural 2023 na Categoria de de innovación tecnolóxica

Situado no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, este proxecto contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo para a ampliación e modernización das súas instalacións, cun investimento de 262.516,60 €, para albergar a oficina técnica, un laboratorio de I+D+I, un obradoiro e equipamento específico, impresoras 3D etc.

Publicado en novas

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar este venres os proxectos da convocatoria 2023/24 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2023, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2023/24 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.838.837,33 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 46,58 empregos (UTAS) dos cales 7,75 empregos serán de nova creación e 38,83 de consolidación. A proposta de axuda pública total concedida de 583.580,06 euros será cofinanciada con fondos do FEADER (75%), AGADER (22,5%) e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).

Publicado en novas

Aqueles que ainda non o fixeran poderán opinar e facer propostas ou achegas a través do cuestionario online ata o martes 29 de novembro ás 14:00h. Ligazón: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5

Ademais o vindiero mércores 30 de novembro celebraremos un FORO VIRTUAL para poñer en común e contrastar, a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio.

Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos

Inscrición:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform

Publicado en novas

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2018/19 de axudas europeas Leader por importe de 698.265,12 euros de axuda pública e 1.842.306,28 euros de investimento total para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.

De entre as solicitudes presentadas ata 31 de maio de 2018, a Xunta Directiva aprobou 21 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2018/19 e contribuirán a creación e consolidación de 59,95 empregos (UTAS) dos cales 10,81 empregos serán de nova creación.

Publicado en novas