#Rachemoscoaindiferenza é unha campaña de sensibilización e concienciación social sobre a problemática da desigualdade entre homes e mulleres e a violencia sobre a muller.   Na seguinte ligazón podes consultar e ver os últimos vídeos que elaboramos na loita contra a Violencia de Xénero: https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/videos/ Vídeo 1. A pasividade fainos cómplices Vídeo 2. Ti podes cambiar as cousas Vídeo 3. Rexeita as violencias machistas Vídeo 4. Ver, oír e actuar! #ContraAsViolencias #EspazolibredeViolenciaMachista #ViolenciadeXenero #ViolenciaContraaMuller #NinUnhaMais #NinUnhaMenos #Igualdade #RachemoscoaIndiferenza #ORuralcontraaViolenciadeXenero #ContraLasViolencias #ViolenciadeGenero #ViolenciaContralaMujer #NiUnaMas #NiUnaMenos #Igualdad #empresa #educacion  
Máis información e fotos: https://www.facebook.com/media/set/?vanity=vinos.ixp.gal&set=a.121618863647547 Unha ampla representación institucional deu lectura á declaración institucional de apoio aos viños elaborados baixo as Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia e nomeadamente aos da IXP Ribeiras do Morrazo, diante de adegueiros de todos os territorios que se achegaron este sábado á inauguración do 1º Túnel dos Viños das IXP de Galicia. O Evento, que se celebrou na sede do GDR Pontevedra Morrazo, enmarcase dentro do proxecto de cooperación      “Dinamización e promoción das IXP vitícolas de Galicia” no que participan os 6 GDR (Pontevedra Morrazo, Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa) e…
O GDR Pontevedra Morrazo ven de celebrar a súa andaina reivindicativa contra a Violencia de xénero dentro da campaña “Rachemos coa Indiferenza”  e baixo o lema común de todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que pretende concienciar e sensibilizar á poboación en materia de prevención da violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia. As andainas dos 24 GDR de Galicia, percorreron de xeito simultáneo diferentes tramos dos camiños de Santiago…
O sábado 20 de novembro celebrarase, na nova sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Os Campos, 19. Mourente, Pontevedra (https://maps.app.goo.gl/N5buYCdzSeTPs63X6) o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. Os túneles do viño son espazos de mostra e degustación dos viños amparados baixo o selo das diferentes IXP no que se desenvolven as catas dirixidas. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia para coñecer as súas características diferenciais, poñendo o foco nos viños da Indicación Ribeiras do Morrazo. Este evento ten lugar dentro do proxecto para a dinamización dos viños das IXP de Galicia, no que cooperan…
Onte xuntámonos con adegueiros, institucións e expertos en viticultura participantes no Pazo da Cultura de Pontevedra para poñer en marcha o proxecto de cooperación para a dinamización dos Viños das IXP de Galicia. Foi unha xornada na que se sentiu a paixón e a singularidade duns viños que falan de nós. #viñosquefalan #ixpsdegalicia #viñosixpgal #gdrpontevedramorrazo #ixpribeirasdomorrazo #probasosviñosdasixpgalegas #oruralviveviveorural #ExperienciasDeCalidade #gdrsdegalicia #viñosoceánicos #DesenvolvementoSostible
Este ano, Rachamos coa indiferenza, facendo camiño! No marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia, o GDR Pontevedra-Morrazo dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza está a preparar unha andaina baixo o lema común para todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que se celebrará o vindeiro sábado 13 de novembro co obxectivo de concienciar e loitar contra a violencia de xénero.  A ruta, que terá unha lonxitude de 6 kilómetros e percorrerá un tramo do…
6 Grupos de desenvolvemento rural e 15 Adegas das 4 Ixp de viños de Galicia xuntan os seus esforzos nun proxecto de cooperación  para dinamizar o sector vitivinícola e contribuír a súa consolidación e crecemento futuro Descargar Programa acto de presentación Descargar Folla de inscrición  O proxecto, cuxo acto de presentación, celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra, ten como obxectivos xerais: Dinamizar aos operadores e establecer canles de colaboración entre as catro IXP vitícolas de Galicia. Impulsar o sector vitivinícola en cada un dos territorios Contribuír a consolidar e/ou aumentar o número…
Conscientes da importancia da paisaxe como elemento fundamental da calidade de vida das persoas e como elemento vertebrador e integrador para o desenvolvemento sustentable do territorio, o GDR Pontevedra Morrazo lanza en redes un vídeo  de sensibilización sobre a paisaxe e a necesidade compartida de poñela en valor e preservala fronte a unha modernidade e un desenvolvemento non sempre ben entendidos. Coidemos a paisaxe, o momento é agora! Enlace vídeo: https://youtu.be/VF5y4EgXuCs 20 de outubro, #díainternacionaldapaisaxe
O mércores 13 de outubro, trala celebración de varias reunións de traballo cos viticultores de Cela e outras persoas interesadas, o GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu presentou no Centro Social do Mar as conclusións alcanzadas trala análise de diferentes alternativas para potenciar a viticultura na zona no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.  
Onte tivo lugar no Centro Social do Mar o segundo obradoiro de traballo para validar as alternativas que permitan potenciar a viticultura en Bueu no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu levado a cabo polo GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño.