Visita dos integrantes do curso "Horticultura ecolóxica", enmarcado dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", á explotación de Pilar Vispo en Camanzo, Vila de Cruces. Os alumnos puideron coñecer de primeira man os pasos para producir en ecolóxico así como o sistema de comercialización dos produtos de horta baixo certificación ecolóxica. Agradecer a Pilar a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa actividade.      
As resolucións para os proxectos da convocatoria 2020/21 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, supoñen un investimento total de 426.196,54 euros e unha axuda pública de 184.725,22 euros. O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2020/21 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2020, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2020/21 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía. O investimento total comprometido nos…
O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases  telemáticas dentro do programa formativo “Xestión Agroforestal Sustentable 2020” que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo. Esta modalidade de teleformación permite recibir a formación dunha maneira segura e tamén moi dinámica, dado que os alumnos poderán interactuar co profesorado, realizando consultas do mesmo xeito que o farían presencialmente, contando co apoio e acceso permanente, ao  material formativo en liña, así como ás gravacións de cada sesión. Nesta edición 2020, de 27 horas lectivas, abordaremos os seguintes contidos didácticos: Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico. Regulamento europeo de produción…
O GDR Pontevedra-Morrazo porá en marcha os dias 06 e 09 de outubro 2 seminarios de traballo, dirixido aos seus promotores, para facilitar a elaboración de “Plans de Responsabilidade Social Corporativa (RSE/RSC)”. Estas xornadas formativas, cun enfoque eminentemente práctico, organizaranse través de medios telemáticos para que empresas ou entidades do territorio poidan reflexionar na procura de respostas orixinais a carencias, problemas ou necesidades do contorno inmediato das organizacións. A Responsabilidade Social representa unha nova perspectiva de xestión para todo tipo de entidades, grandes ou pequenas, lucrativas e non lucrativas. Trátase da integración voluntaria por parte das empresas ou entidades, das…
Dende este martes 22 de setembro estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos da nova edición do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020) ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo no vindeiro mes de outubro na modalidade de teleformación. O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020)” de 60 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para reforzalo e empoderalo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento. Reforzar e incrementar a profesionalización…
Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) abranguen a totalidade do territorio rural galego. Nos últimos 30 anos de existencia os GDR veñen amosando capacidade de dinamización dos territorios cun enfoque de abaixo-arriba, cun modelo de gobernanza propio, tendo como base os recursos locais, a colaboración e o traballo en rede,  e fomentando a innovación e os procesos de cambio no rural. A campaña ten como principal obxectivo , poñer en valor  esta  contribución á dinamización económica e social do medio rural dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia. Máis información Facebook @gdrsdegalicia
Seguindo as recomendacións das autoridades para contribuír a contención do coronavirus, dende o luns 16 de marzo a oficina técnica do GDR Pontevedra-Morrazo funcionará en modo remoto priorizando a atención telefónica e telemática polo que as súas instalacións permanecerán pechadas. Para trámites, información e contacto: 986 108 144 695 333 087 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. www.gdrpontevedramorrazo.eu  
Este xoves 16 de xaneiro o GDR participou no encontro de diagnose das catro zonas vitivinícolas galegas con Indicación Xeográfica Protexida que tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), co obxectivo de elaborar de xeito participativo a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia e afrontar, entre outros, os seguintes retos: A dimensión dos viticultores e das adegas. O cambio climático e a sostenibilidade. Os novos patróns de consumo e enoturismo. A adaptación a novas tecnoloxías e a innovación. A loita contras as enfermidades. A falta de relevo xeracional dos viticultores. A necesidade…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a  NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2020/21 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non. Nesta ocasión, CONCORRERÁN A ESTA CONVOCATORIA AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS ATA O 31 DE XANEIRO DE 2020. As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das…
Este martes tivo lugar na sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (Praza Mugartegui, 10, Pontevedra) a realización da diagnose da zona correspondente a D.O. Rías Baixas co obxectivo de elaborar de xeito participativo a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Logo da recepción dos asistentes e a presentación do encontro a cargo do equipo responsable da redacción da Estratexia comezaron as dinámicas de participación analizando as principais debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades para o sector vitivinícola galego pechando o encontro coa elaboración das correspondentes conclusións, consensos e retos territorias e sectorias.