O asociacionismo no sector vitivinícola e a recuperación de terras para o seu cultivo serán os temas centrais das xornadas divulgativas que se celebrarán en Valga e Rianxo os días 24 e 25 de maio. O sábado 28 terá lugar no Pazo de Goiáns (Boiro), o Túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta IXP e das outras tres que existen en Galicia. Ese mesmo día, celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos e da administración pública.   Descargar Programa Valga, Rianxo e Túnel do viño en Boiro  A asistencia aos eventos é gratuíta e as prazas son…
Este novo centro de AFAMO situado na parroquia de Tirán, dispón de 26 prazas, e esta orientado ás persoas maiores de 65 anos, cun deterioro cognitivo moi leve ou sen unha demencia diagnosticada, da comarca do Morrazo. Ao acto de inauguración asistiron entre outros o Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo, o presidente do GDR Pontevedra Morrazo e alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, a Alcaldesa de Moaña Leticia Santos Paz, a deputada provincial de cohesión social Olga M. García Ballesteros e a presidenta de AFAMO Josefa Cancelas Pérez así como representantes da xunta directiva…
Adega Os Areeiros, de Vilaboa, ven de acadar un dos 15 premios Gran Ouro co seu albariño na categoría de viños brancos tranquilos no IV Concurso Nacional de viños Vinespaña. O certame organizado pola Federación Española de Enoloxía (FEAE) tivo lugar do 28 ao 30 de abril no Balneario de Laias, en Cenlle (Ourense).  Ademais, o albariño Praia do Santo da Adega Ardán, ubicada en Marín, tamén conseguiu unha medalla de Prata na mesma categoría, e Os Areeiros outro Ouro na modalidade de viños de variedades minoritarias. SOMOS UNHA MARCA DE GARANTÍA, SOMOS CALIDADE. Ribeiras do Morrazo, SER QUEN SOMOS.…
Durante todo o día tivo lugar, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense), a segunda Xornada de divulgación e Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, na que foi protagonista a IXP Val do Miño-Ourense. Institucións, adegueiros, profesionais da hostalería e público xeral brindaron polos viños das IXP de Galicia, viños de calidade e comprometidos coa preservación do noso patrimonio cultural e vitivinícola. Gabriel Alén Castro (Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense), Luis Jorge Álvarez Ferro (Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural), Rosendo Luis Fernández Fernández (Vicepresidente da Deputación de Ourense), Moisés Blanco Paradelo (Subdirector Xeral…
O vindeiro luns 2 de maio celebraranse, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense), as segundas Xornadas de divulgación e Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, que terán como protagonista a IXP Val do Miño-Ourense. A asistencia ás xornadas e ás catas comentadas é gratuíta, pero compre inscrición a través do formulario. Descarga Programa Este evento ten lugar dentro do proxecto para a dinamización dos viños das IXP de Galicia, que coordina o GDR Pontevedra Morrazo e no que participan 6 Grupos de Desenvolvemento Rural (Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou Gdr Salnes Asociación Deloa Eu Rural Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras…
Meiro celebrará unha nova edición do encontro-degustación para poñer en valor o Millo Corvo os días 1, 2 e 3 de abril.
O 29 de marzo ás 12 h. terá lugar no Salón de Actos do Clube Náutico de Sanxenxo un dos encontros "Camiño de futuro", iniciativa organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) xunto coa Agader e coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co obxectivo de promover e impulsar a innovación nas PEMES de Galicia e que conta coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo e Salnés-Ulla-Umia e co GALP Ría de Pontevedra. Nesta xornada de networking, que contará coa intervención de Fernando Guldrís, Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), presentaranse por parte de técnicos do IGAPE e da GAIN, así…
Despois da posta en marcha do proxecto de cooperación "Dinamización e promoción das IXP de viños de Galicia" a finais de 2021 baixo o lema «Viños das IXP de Galicia, viños que falan de nós» nunha xornada de presentación no Pazo da Cultura de Pontevedra e nun encontro que xuntou viticultores e responsables políticos comprometidos co apoio aos valores diferenciais destes e ao modelo de sustentabilidade económica e social que supón a súa produción, este ano 2022 estará cheo de citas onde seguir coñecendo todo o que os viños das IXP de Galicia teñen que dicir sobre o seu carácter, a súa calidade, a…
Avanza o proxecto de cooperación das IXP de viños de Galicia ca programación de eventos e actividades para a IXP Terra de Barbanza e Iria. Á reunión celebrada na sede do GDR Deloa asistiron representantes dos Concellos de Pontecesures, Valga, Catoira, Boiro, Rianxo, e os representantes das adegas colaboradoras Entre Os Ríos, Cazapitas, Antonio Saborido e Torres Augusti. Ademais de contar coa asistencia técnica de Cidadania S. Coop. Galega, e dos xerentes do GDR Pontevedra Morrazo, grupo coordinador do proxecto, GDR Deloa e Salnés-Ulla-Umia. Máis información: https://youtu.be/adstdlWh8mE #ixpsdegalicia #viñosixpgal #viñosquefalan #ixpribeirasdomorrazo #ixpbetanzos #ixpvaldomiñoourense #ixpbarbanzairia #ixp #viño #igp #vino #probasosviñosdasixpgalegas #oruralviveviveorural #ExperienciasDeCalidade…
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Ningún evento vindeiro!