A Casa do Cazador de Negueira de Muñiz acolleu unha xornada dedicada á viticultura de montaña, coa presentación do novo itinerario, catas comentadas e unha visita guiada aberta ao público A Casa do Cazador acolleu a presentación da Ruta dos Viños entre Montañas, o itinerario enoturístico da IXP Terras do Navia, nunha xornada que pon o foco na singularidade dun dos territorios vitivinícolas máis descoñecidos e auténticos de Galicia. Con esta cita complétase o ciclo de presentación das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación que promove unha oferta conxunta arredor dos cinco territorios vitivinícolas…
A nova proposta da IXP Ribeiras do Morrazo reuniu a profesionais do sector, representantes institucionais e público xeral arredor da cultura do viño, a paisaxe e o patrimonio atlántico Poio, 3 de xullo de 2026. O Mosteiro de Poio acolleu este venres a presentación da Ruta dos Viños Oceánicos, o itinerario enoturístico da IXP Ribeiras do Morrazo, nunha xornada que congregou a unhas 150 persoas entre representantes institucionais, profesionais dos sectores vitivinícola, turístico e hostaleiro, adegas, persoal técnico dos GDR e público xeral. A proposta forma parte das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, unha iniciativa que convida…
O Mosteiro de Poio acollerá o vindeiro 3 de xullo unha xornada aberta para descubrir a identidade vitivinícola, paisaxística e cultural da IXP Ribeiras do MorrazoO Mosteiro de Poio será o escenario, o vindeiro venres 3 de xullo, dunha nova cita das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación que promove unha forma diferente de descubrir Galicia a través dos seus viños, da súa gastronomía, da súa paisaxe e da súa cultura.Nesta ocasión, a protagonista será a IXP Ribeiras do Morrazo, coa presentación da súa Ruta dos Viños Oceánicos, un itinerario que pon en valor…
O Pazo de Mariñán acolleu unha xornada con catas, visitas guiadas e a presentación dun novo itinerario vinculado á IXP Viño da Terra de BetanzosO Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleu este luns a presentación da Ruta dos Viños da Biosfera, unha proposta enoturística que pon o foco na singularidade da IXP Viño da Terra de Betanzos e na súa estreita relación coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.Este novo itinerario forma parte das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación promovido 6 Grupos de Desenvolvemento Rural das 5 IXP, que busca dar…
O Pazo de Trasalba reuniu a profesionais do sector, representantes institucionais e público interesado no desenvolvemento do enoturismoO Pazo de Trasalba (Amoeiro) acolleu este luns a segunda das Xornadas das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, centrada nesta ocasión na IXP Val do Miño-Ourense e na presentación da súa Ruta dos Viños con Esencia de Río.A iniciativa forma parte do proxecto de cooperación “Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia”, promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural participantes en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, as adegas e os viticultores dos cinco territorios implicados.No…
O Pazo de Goiáns (Boiro) acolleu este martes 16 de xuño a primeira das Xornadas das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, unha iniciativa que busca promover unha nova forma de descubrir Galicia a través dos seus territorios vitivinícolas, conectando viño, gastronomía, patrimonio e paisaxe baixo unha proposta común.A primeira cita do programa estivo dedicada á IXP Barbanza e Iria, coa presentación da súa Ruta dos Viños Mareiros, un itinerario que pon en valor a estreita relación entre o viño, o mar e a identidade cultural dun territorio marcado pola influencia atlántica.A xornada, organizada polos GDR Deloa e…
A iniciativa conecta por primeira vez as cinco IXP vitícolas galegas nun proxecto común de enoturismo que combina viño, gastronomía, patrimonio e paisaxe, e presentarase ao público a través de cinco xornadas abertas entre xuño e xullo. Galicia conta desde agora cunha nova proposta para descubrir o territorio a través da cultura do viño. Os Grupos de Desenvolvemento Rural participantes no proxecto de cooperación “Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia”, en colaboración coa Asociación das IXP de Viños de Galicia, impulsan as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, unha iniciativa que conecta por primeira vez…
Queres converter a túa idea nun proxecto real ? A convocatoria LEADER 2026 está aberta. Tes ata o 6 de abril para presentar a túa solicitude.  Sigue estes 4 pasos: 1️⃣ Define a túa idea e o investimento 2️⃣ Elabora o plan de empresa e orzamentos 3️⃣ Prepara a documentación 4️⃣ Presenta a solicitude online Contacta co GDR e revisamos contigo o teu proxecto. Pide cita xa! ? 986 108 144 | ✉️ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ? Toda a información e bases aquí: https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/nova-convotactoria #Leader2026 #ImpulsoRural #GDRPontevedraMorrazo #SomosGDR #IdeasQueContan #ProxectosQueTransforman   
Unha nova oportunidade para facer realidade proxectos produtivos e non produtivos no rural  No GDR Pontevedra Morrazo acompañámoste en todo o proceso:✅ Asesoramento personalizado da túa idea✅ Axuda na elaboración do plan de empresa✅ Apoio coa documentación administrativa✅ Revisión previa de solicitudes e orzamentos para presentar a mellor candidatura posible Tes unha idea? Non agardes ao último momento!? Contacta con nós e comeza xa a preparala con garantías. ☎️ 986 108 144 | ? Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Traballamos contigo para facer realidade o teu proxecto.   #SomosGDR #Leader2026 #ImpulsoRural #IdeasQueContan #ProxectosQueTransforman
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo promove a campaña de sensibilización ambiental “Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora!”, unha iniciativa que pon o foco na resiliencia paisaxística como ferramenta clave de prevención fronte aos incendios forestais. A campaña parte da evidencia científica e técnica que conclúe que a maior parte dos grandes incendios están asociados a paisaxes homoxéneas, degradadas, con elevada continuidade horizontal e vertical do combustible, resultado do abandono rural, da fragmentación da propiedade e da expansión de monocultivos forestais altamente inflamables. Un modelo de prevención baseado na infraestrutura verde A mensaxe central da campaña…