Meiro celebrará unha nova edición do encontro-degustación para poñer en valor o Millo Corvo os días 1, 2 e 3 de abril.
O 29 de marzo ás 12 h. terá lugar no Salón de Actos do Clube Náutico de Sanxenxo un dos encontros "Camiño de futuro", iniciativa organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) xunto coa Agader e coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co obxectivo de promover e impulsar a innovación nas PEMES de Galicia e que conta coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo e Salnés-Ulla-Umia e co GALP Ría de Pontevedra. Nesta xornada de networking, que contará coa intervención de Fernando Guldrís, Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), presentaranse por parte de técnicos do IGAPE e da GAIN, así…
Despois da posta en marcha do proxecto de cooperación "Dinamización e promoción das IXP de viños de Galicia" a finais de 2021 baixo o lema «Viños das IXP de Galicia, viños que falan de nós» nunha xornada de presentación no Pazo da Cultura de Pontevedra e nun encontro que xuntou viticultores e responsables políticos comprometidos co apoio aos valores diferenciais destes e ao modelo de sustentabilidade económica e social que supón a súa produción, este ano 2022 estará cheo de citas onde seguir coñecendo todo o que os viños das IXP de Galicia teñen que dicir sobre o seu carácter, a súa calidade, a…
Avanza o proxecto de cooperación das IXP de viños de Galicia ca programación de eventos e actividades para a IXP Terra de Barbanza e Iria. Á reunión celebrada na sede do GDR Deloa asistiron representantes dos Concellos de Pontecesures, Valga, Catoira, Boiro, Rianxo, e os representantes das adegas colaboradoras Entre Os Ríos, Cazapitas, Antonio Saborido e Torres Augusti. Ademais de contar coa asistencia técnica de Cidadania S. Coop. Galega, e dos xerentes do GDR Pontevedra Morrazo, grupo coordinador do proxecto, GDR Deloa e Salnés-Ulla-Umia. Máis información: https://youtu.be/adstdlWh8mE #ixpsdegalicia #viñosixpgal #viñosquefalan #ixpribeirasdomorrazo #ixpbetanzos #ixpvaldomiñoourense #ixpbarbanzairia #ixp #viño #igp #vino #probasosviñosdasixpgalegas #oruralviveviveorural #ExperienciasDeCalidade…
O Pazo de Quián, situado no lugar de Sergude, no concello de Boqueixón, acolleu este mércores a inaguración da I Mostra de Calidade Alimentaria organizada pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para poñer en valor as producións galegas de calidade diferenciada. Neste marco presentouse a nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar a excelencia alimentaria galega, xunto ao Marketplace oficial no que os produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor. Ao acto ao que asistiu o GDR Pontevedra Morrazo, contou coa presenza de diferentes adegas das IXP…
O 24 de novembro tivo lugar a Xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Aldeas Intelixentes.  Dende a Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural estase a lanzar un proxecto de Compra Pública de Innovación a través do cal espérase dar resposta a algúns dos numerosos retos e necesidades do rural galego. Nestes momentos estase no proceso de procura de solucións en fase piloto que permitan impulsar a recuperación dos núcleos rurais das aldeas modelo de Galicia. Para iso, lanzouse un proceso de Consultas Preliminares ao Mercado, para, xunto cos principais axentes involucrados no desenvolvemento rural, identificar necesidades, retos…
#Rachemoscoaindiferenza é unha campaña de sensibilización e concienciación social sobre a problemática da desigualdade entre homes e mulleres e a violencia sobre a muller.   Na seguinte ligazón podes consultar e ver os últimos vídeos que elaboramos na loita contra a Violencia de Xénero: https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/videos/ Vídeo 1. A pasividade fainos cómplices Vídeo 2. Ti podes cambiar as cousas Vídeo 3. Rexeita as violencias machistas Vídeo 4. Ver, oír e actuar! #ContraAsViolencias #EspazolibredeViolenciaMachista #ViolenciadeXenero #ViolenciaContraaMuller #NinUnhaMais #NinUnhaMenos #Igualdade #RachemoscoaIndiferenza #ORuralcontraaViolenciadeXenero #ContraLasViolencias #ViolenciadeGenero #ViolenciaContralaMujer #NiUnaMas #NiUnaMenos #Igualdad #empresa #educacion  
Máis información e fotos: https://www.facebook.com/media/set/?vanity=vinos.ixp.gal&set=a.121618863647547 Unha ampla representación institucional deu lectura á declaración institucional de apoio aos viños elaborados baixo as Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia e nomeadamente aos da IXP Ribeiras do Morrazo, diante de adegueiros de todos os territorios que se achegaron este sábado á inauguración do 1º Túnel dos Viños das IXP de Galicia. O Evento, que se celebrou na sede do GDR Pontevedra Morrazo, enmarcase dentro do proxecto de cooperación      “Dinamización e promoción das IXP vitícolas de Galicia” no que participan os 6 GDR (Pontevedra Morrazo, Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa) e…
O GDR Pontevedra Morrazo ven de celebrar a súa andaina reivindicativa contra a Violencia de xénero dentro da campaña “Rachemos coa Indiferenza”  e baixo o lema común de todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que pretende concienciar e sensibilizar á poboación en materia de prevención da violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia. As andainas dos 24 GDR de Galicia, percorreron de xeito simultáneo diferentes tramos dos camiños de Santiago…