O GDR participou na xornada de Micotoxinas e sanidade vexetal no sector vitivinícola de Galicia, enmarcada dentro do proxecto Agritox, que tivo lugar no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra. Este proxecto de colaboración financiado por INTERREG Espazo Atlántico para a investigación na área das micotoxinas en alimentos e pensos ten como obxectivo proporcionar información e solucións técnicas ás industrias alimentarias e de pensos da Área Atlántica para evitar a contaminación por micotoxinas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, que ten como finalidade a recuperación das terras agrarias de Galicia para uso agrícola, gandeiro e forestal. A lei recolle o marco xeral para a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos e o fomento da súa recuperación. O fin que se persegue é poñer a producir as terras arestora abandonadas e infrautilizadas e aportarlle base territorial suficiente a aquelas explotacións existentes que a precisan. Ademais, a lei promove a continuidade das explotacións e a…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2021/22 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non. Nesta ocasión, establécese o prazo dun mes para a admisión de solicitudes de axuda, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta convocatoria..…
O GDR Pontevedra - Morrazo ven de participar na Mesa de Turismo da provincia de Pontevedra celebrada o 26 de abril de forma telemática e na que se renovaron os integrantes da mesma e se validou o Plan Estratéxico Provincial de Turismo 2021-2023, iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de definir a estratexia a seguir para consolidar ás Rías Baixas como un territorio turístico intelixente aliñado coa Norma UNE178501 e coa Axenda 2030 das Nacións Unidas, así como para establecer un sistema de medición que sirva para orientar a acción do servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra.…
As empresas do sector agrogandeiro, agroalimentario e forestal poderán optar coas súas propostas aos fondos Next generation para proxectos tractores do sector primario e agroalimentario galego. A información sobre esta manifestación de interese está dispoñible en: https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/manifestacion-interese-proxectos-autonomicos
A Consellería do Medio Rural ven de publicar no DOG. Nº60 do 30 de marzo de 2021 as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento MR446A). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Segundo o estipulado nas bases poderán ser beneficiarios destas axudas…
O GDR Pontevedra-Morrazo ven de lanzar o sorteo dunha selección de 12 botellas de viño das castes máis singulares da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo dentro dos agasallos promovidos na campaña de dinamización dos GDR de Galicia #OruralviveViveorural. Para participar, tes que seguir a páxina de Facebook dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (https://www.facebook.com/gdrsdegalicia/) e darlle un #gústame ao post coa publicación do sorteo antes das 20.00 horas do vindeiro día 13 de decembro. Moita sorte! Instrucións paso a paso: Dalle un "gústame" ao post coa publicación do sorteo (https://www.facebook.com/gdrsdegalicia/photos/a.112319757181574/184490289964520/?type=3&theater). Sigue a páxina en Facebook dos Grupos…
IMPLICARÁ AOS 13 CONCELLOS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA E O MORRAZO NA campaña  # RACHEMOS COA INDIFERENZA PARA SENSIBILIZAR Á poboación e promover un cambio social ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO Consciente de que a violencia de xénero é un problema social e non só das mulleres agredidas e que a eliminación da violencia é un reto de toda a sociedade, que require dunha actuación conxunta e da máxima colaboración e cooperación, o GDR PONTEVEDRA MORRAZO puxo en marcha en 2019  unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN  ENFOCADA Á CONCIENCIACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dentro do acordo…
Os participantes no curso "Xestión sustentable do monte e producións alternativas", comprendido dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", tiveron ocasión de realizar unha visita á Comunidade de Montes de Meira, en Moaña, onde puideron coñecer a actividade que iniciaron os comuneiros no 2016 cun rabaño de caprino coa idea de controlar o matogueira e os incendios. Ademais, tamén puideron ver de primeira man os traballos da comunidade con outros produtos coma o mel ou os cogomelos, labores que complementan a plantación e xestión da masa forestal. Agradecer aos membros da Comunidade de Montes a atención e colaboración dispensada no transcurso desta xornada.