O pasado 10 de outubro, o edificio da Deputación Provincial de Lugo serviu de escenario para as xornadas sobre os viños das IXP de Galicia, dirixidas especialmente a profesionais e amantes do vino. Dende as 11 ata as 13 h., Alejandro Paadín impartiu unha charla especializada sobre as particularidades dos viños das IXP galegas. Máis tarde, entre as 17 e as 20 h., Martiño Santos conducíu tres degustacións didácticas para os participantes. Ao longo do día, mostráronse os viños procedentes das cinco IXP de Galicia (Val do Miño Ourense, Terra de Barbanza e Iria, Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo,…
O martes 10 de outubro celebrarase no Edificio da Deputación Provincial de Lugo o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia, incluidos os da recén incorporada IXP Terras do Navia,  para coñecer as súas características diferenciais. A seguintes citas serán: O luns 16 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense): masterclass de Luis e Alejandro Paadín (de 11 a 13 h.) e cata de viños comentada por Martiño Santos (ás 17 h. e ás 18 h.) O luns 23 outubro en MUTA (Vigo): masterclass de Luis e…
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar este venres os proxectos da convocatoria 2023/24 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2023, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2023/24 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade. O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.838.837,33 euros, e…
No Día Mundial do Turismo queremos compartir este vídeo sobre os atractivos dun itinerario enoturístico e cultural na IXP Ribeiras do Morrazo no que estamos a traballar. Deixade que a emoción vos leve!! Grazas a Maira Ratón pola súa paciencia, apoio e colaboración!! Vídeo completo na nosa canle de youtube!
Este xoves celebrouse no Pazo de Quián en Boqueixón a Xornada de presentación e coordinación do proxecto de cooperación “Desenvolvemento e Dinamización das IXP de Viños de Galicia 2023”. Tratase dun proxecto promovido por seis Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 16 adegas repartidas entre as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Ao longo desta mañá representantes das 16 adegas que forman parte das cinco IXP de Viños de Galicia, presentes nas catro provincias galegas, e os representantes de AGACAL, do grupo coordinador GDR Pontevedra Morrazo, do GDR DELOA, do GDR Mariñas-Betanzos,…
Este xoves, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou Xunta directiva e Asemblea xeral, nas que se aprobou, entre outros asuntos a Estratexia de desenvolvemento participativo (EDLP) 2023_27 que orientará os fondos europeos do Programa LEADER dos vindeiros anos no territorio. A estratexia coordina e integra todos os elementos, todas as accións e actuacións sobre o territorio dirixíndoas a conseguir o obxectivo xeral de promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local. Para isto o Plan de acción contempla pequenos investimentos destinados á diversificación das actividades non agrícolas…
Este xoves, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou o FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 que culmina o proceso participativo para elaborar a estratexia dos vindeiros anos do territorio. No foro afondouse a necesidade de deseñar unha estratexia que coordine e integre todos os elementos, todas as accións e actuacións sobre o territorio dirixíndoas a conseguir o obxectivo xeral de promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local. Para isto o plan abarcará pequenos investimentos destinados á diversificación das actividades non agrícolas no rural reforzando o sector…
O vindeiro xoves, 15 de xuño de 2023, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para rematar a elaboración da futura estratexia do territorio. O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo. Queremos coñecer a túa opinión, para definir entre tod@s os principais obxectivos e proxectos que van marcar o rumbo do territorio…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2023/24 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221229/AnuncioO90-271222-0001_es.html). Trátase das axudas ás que poden optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural para desenvolver proxectos produtivos e non produtivos que dinamicen as súas contornas As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo (GDR 15) e presentaranse a través da Sede Electrónica da Xunta de…
No 2023 teremos unha nova oportunidade para cooperar e colaborar entre todas as Indicacións Xeográficas Protexidas de viño de Galicia.