O Centro cívico do concello de Barro albergou a primeira dun novo ciclo de xornadas informativas que o GDR vai desenvolver polos 13 concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, con motivo da convocatoria de axudas da medida LEADER Galicia 2014-2020, anualidades 2018/19. Estas Charlas, abertas ao público en xeral, teñen como principal obxectivo dinamizar e achegar a información das axudas aos potenciais beneficiarios; asociacións, comunidades de montes, PEMES, emprendedores e promotores en xeral. Nas xornadas informase das liñas de actuación e tipoloxía de proxectos susceptibles de seren subvencionados, así como dos requisitos, procedementos, baremo etc. que haberá que…