O Concello de Barro proxecta a posta en marcha dunha aula de novas tecnoloxías na Biblioteca Municipal que permita o acceso dos veciños á sociedade da información con conexión de balde a internet como recurso para cursos de formación, alfabetización informática nas novas tecnoloxías, actividades divulgativas, etc nun centro de uso comunitario e público.
O proxecto ten por obxectivo facilitar o uso das novas tecnoloxías, permitindo o desenvolvemento da sociedade da información e as relacións dixitais, utilizando as TICs como medio de inclusión social promovendo que todos os cidadáns poidan navegar gratuitamente a través do equipamento adquirido.