O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2023/24 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221229/AnuncioO90-271222-0001_es.html). Trátase das axudas ás que poden optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural para desenvolver proxectos produtivos e non produtivos que dinamicen as súas contornas
As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo (GDR 15) e presentaranse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
O prazo para presentar as solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2023.
Serán subvencionables os proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva que sexan de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
No 2023 teremos unha nova oportunidade para cooperar e colaborar entre todas as Indicacións Xeográficas Protexidas de viño de Galicia.
O Foro Virtual celebrado este mércores permitiu poñer en común e contrastar con todas as persoas e entidades participantes a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas 2023_27 do territorio. Ademais puidéronse tratar e debater as propostas de proxectos piloto do ámbito agrario e forestal, xurdidas dos diferentes paneis estratéxicos convocados polo GDR nos que participaron diversas persoas, colectivos, entidades, empresas, universidades e centros de investigación do territorio.
Trátase de proxectos de carácter innovador, con capacidade de arrastre e relevantes para a economía e a sociedade.
En concreto abordouse un proxecto do ámbito agrario que explora novas vías para loitar contra as enfermidades do viñedo para acadar a través do coñecemento científico e as novas tecnoloxías unha viticultura máis sustentable e respectuosa co medio. O proxecto centrarase nas castes autóctonas máis comúns na IXP Ribeiras do Morrazo, albariño, tinta femia (caiño tinto) e mencia e a variedade ratiño, como singularidade dentro da D.O. Rias Baixas do territorio. O proxecto, no que participarán adegueiros e viticultores do territorio, contará co apoio técnico e científico da Misión Biolóxica de Galicia e da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
No ámbito forestal, apostouse polas posibilidades do monte como secuestradores de carbono, ante a demanda emerxente, cada vez maior, de empresas que buscan como lograr a neutralidade carbónica reducindo e compensando as súas emisións de CO2. Trátase de que o carbono se convirta nun novo recurso forestal que anime aos propietarios do monte a practicar unha silvicultura máis sustentable. O proxecto concebido fora do mercado regulado, apela á resposabilidade social corporativa para contribuir á descarbonización do territorio apostando por proxectos forestais locais sustentables.
Aqueles que ainda non o fixeran poderán opinar e facer propostas ou achegas a través do cuestionario online ata o martes 29 de novembro ás 14:00h. Ligazón: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5
Ademais o vindiero mércores 30 de novembro celebraremos un FORO VIRTUAL para poñer en común e contrastar, a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio.
Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos
Inscrición:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia 2023_2027, o GDR, puxo e marcha diferentes paneis estratéxicos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que diferentes persoas e entidades do territorio puideron opinar e facer as súas achegas e propostas para orientar os fondos do vindeiro LEADER.
Nestes grupos de traballo abordáronse temáticas específicas e transversais:
Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (presencial): determinando os factores de innovación e sostibilidade da futura estratexia, con atención preferente ao sector agrario (viticultura, agricultura ecolóxica etc) e forestal (multifuncionalidade, enerxías alternativas, descarbonización etc). ademais a reunión serviu para afondar na definición de posibles proxectos piloto de carácter innovador que teñan capacidade de arrastre, e sexan relevantes para a economía e a sociedade.
Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial (Virtual): realizouse unha análise diagnóstica para reforzar a cohesión social e integrar dunha maneira transversal na futura estratexia propostas de futuro cara a igualdade e inclusión plena.
Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías (Virtual): Fíxose unha análise diagnóstica sobre a incorporación das diferentes tecnoloxías dixitais e o seu impacto na economía e sociedade, aportando propostas para avanzar na transformación dixital (mentoring, mellora das competencias dixitais en empresas e persoas etc)
Estes paneis permitiron que todos os grupos de interese, puideran colaborar na definición da EDLP, aportando saberes, experiencias e novas ideas.
No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mujeres, lembramos mediante o lema da campaña #Rachemoscoaindiferenza, a importancia dunha sociedade activa fronte á violencia de xénero .
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, pon e marcha diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais:
Ademais, para rematar esta 1ªfase do proceso participativo contrastaremos nun foro virtual, a Diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio:
Para participar en calquera destes espazos, é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform
Articulado en mesas sectoriais, o foro realizou unha reflexión conxunta entre os axentes institucionais, económicos e sociais, así como a veciñanza do territorio de influencia do GDR, que permitirá deseñar a estratexia de desenvolvemento local participativo do vindeiro LEADER 2023-2027
Este martes, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.
O foro permitiu a dinamización e activación do capital social sobre o que se asentará a estratexia de participación do GDR Pontevedra Morrazo que deberá contribuir ao obxectivo xeral de “Promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais”.
O vindeiro martes, 08 de novembro de 2022, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.
O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e febles, e marcando os retos e prioridades para os vindeiros anos.
Por un rural vivo, dinámico e integrador,
PARTICIPA NO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PONTEVEDRA MORRAZO,
A TÚA VOZ CONTA, TODOS SOMOS GDR !!
O GDR Pontevedra Morrazo iniciou un amplo proceso de participación cidadá para deseñar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2023_2027 que orientará os fondos europeos da medida LEADER no territorio.
A participación neste proceso é aberta e calquera persoa ou entidade poderá enviar as súas achegas e suxestións a través dun cuestionario online no que queremos recoller as opinións sobre as principais necesidades e prioridades para o desenvolvemento do territorio.
Ligazón cuestionario: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5
Grazas pola túa participación, entre todos podemos contribuír a revitalizar o rural, a facelo máis habitable e habitado, dinámico e integrador.
Fai un ano, tal día coma hoxe, publicamos un vídeo de sensibilización sobre a paisaxe e a necesidade de preservala e poñela en valor.
A paisaxe é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas e xoga un papel moi importante como elemento vertebrador e integrador para o desenvolvemento sustentable do territorio.
Por iso agora e sempre PROTEXAMOS A PAISAXE!!
20 outubro #díainternacionaldapaisaxe
#paisaxe #20deoutubro #díainternacionaldapaisaxe #díainternacionaldelpaisaje #paisaje #gdrpontevedramorrazo #desenvolvementosostible #desarrollosostenible #coidaroplaneta #cuidarelplaneta #coidarapaisaxeefacerterritorio
Reflexión, e música foron protagonistas no encontro celebrado onte no Museo Meirande de Redondela. Luis Paadin, autor da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022», sinalou que nas catas a cegas que fai para a elaboración da súa guía dos viños galegos, sempre atopa alma nos viños con IXP. Juan Carlos Vázquez Abal, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), repasou os retos para unha viticultura sostible, onde as IXPs teñen moito que dicir pola súa raigame tradicional e vínculo co territorio. Xavier Blanco da Fundación Legar puxo o foco no vínculo entre cultura vitícola e música nun encontro ao que acudiron adegueiros de toda Galicia.
O encontro supuxo o peche a un ano de actividades de Viños das IXP de Galicia, un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Este proxecto pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.
Tanto o Subdirector de relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural da Agader (Xunta de Galicia), Moisés Blanco Paradelo, como o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo, José María Tobío, coordinador do proxecto, sinalaron a necesidade de dar continuidade ás actividades deste proxecto co obxectivo de dar a coñecer estes produtos tamén no ámbito urbano, potenciar o asociacionismo e seguir explorando as oportunidades que plantexan os recursos etnoturísticos que rodean a actividade das adegas.
O evento celebrarase o vindeiro venres 7 de outubro ás 17.30 no Museo Meirande de Redondela. Abrirá o faladoiro o sumiller Luis Paadín, sumiller, autor da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022», cun relatorio titulado «Retos nun mercado cambiante: posicionamento das IXP». Juan Carlos Vázquez Abal, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), continuará poñendo o foco nos retos para unha viticultura sostible nos nosos días.
O mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional Xavier Blanco, da Fundación Legar, abordará nunha actuación musical a representación da música tradicional na cultura do viño.
O evento rematará coa degustación de viños galegos con IXP. O encontro servirá tamén como resumo das actividades desenvolvidas no último ano dentro do proxecto de cooperación para a Dinamización e promoción das Indicacións Xeográficas Protexidas de Viños de Galicia, que dende novembro de 2021 percorreu catro das IXP galegas para dar a coñecer os seus produtos: viños de calidade, auténticos e diversos, que manteñen valores artesanais con arraigamento histórico e empregando materias primas naturais coidadas por produtores locais.
A asistencia é gratuíta con prazas limitadas. É necesario inscribirse a través da web viños.ixp.gal
O GDR Pontevedra Morrazo foi seleccionado como organización candidata a converterse en entidade colaboradora da AGADER na xestión da medida Leader Galicia 2023-27.
Na Xunta Directiva celebrada onte deuse conta da preselección do GDR como entidade colaboradora e da concesión dunha subvención orientada á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño da futura estratexia de desenvolvemento local participativo para o período 2023-27.
Deste xeito a Xunta Directiva acordou lanzar o proceso de elaboración da EDLP que deberá estar finalizado antes do 20 de decembro de 2022.