“Creación dunha Aplicación Móbil de promoción turística (Cerdedo-Cotobade)”

  • Promotor: Concello de Cerdedo-Cotobade
  • Localización: Cerdedo-Cotobade
  • Orzamento: 18.150,00 €
  • Axuda Aprobada: 12.705,00 €

O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta a creación e posta en marcha dunha app turística mediante unha aplicación multiplataforma como ferramenta que canalice a experiencia dos visitantes no destino municipal e que permita valorizar os recursos e atractivos turísticos municipais a través do uso das novas tecnoloxías como canal de comunicación e interacción co turista.

Esta iniciativa ten por obxectivos: incrementar a satisfacción do turista/visitante grazas ó apoio e información prestados; dotar de tecnoloxía ó sistema de información turística municipal; facilitar a adecuación da oferta turística posibilitando a creación de novos contidos apoiados no uso das TICs; mellorar a eficiencia na promoción e xestión dos recursos turísticos do concello; incrementar a competitividade do sector turístico local e xerar novas oportunidades de negocio.

Ningún evento vindeiro!