GDR Pontevedra Morrazo

GDR Pontevedra Morrazo

Jueves, 16 Diciembre 2021 17:42

I Mostra de Calidade Alimentaria

O Pazo de Quián, situado no lugar de Sergude, no concello de Boqueixón, acolleu este mércores a inaguración da I Mostra de Calidade Alimentaria organizada pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para poñer en valor as producións galegas de calidade diferenciada.

Neste marco presentouse a nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar a excelencia alimentaria galega, xunto ao Marketplace oficial no que os produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor.

Ao acto ao que asistiu o GDR Pontevedra Morrazo, contou coa presenza de diferentes adegas das IXP de viño de Galicia comprometidas co desenvolvemento da viticultura dos seus territorios.

O 24 de novembro tivo lugar a Xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Aldeas Intelixentes. 

Dende a Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural estase a lanzar un proxecto de Compra Pública de Innovación a través do cal espérase dar resposta a algúns dos numerosos retos e necesidades do rural galego.

Nestes momentos estase no proceso de procura de solucións en fase piloto que permitan impulsar a recuperación dos núcleos rurais das aldeas modelo de Galicia. Para iso, lanzouse un proceso de Consultas Preliminares ao Mercado, para, xunto cos principais axentes involucrados no desenvolvemento rural, identificar necesidades, retos e casos de uso que permitan mellorar a calidade de vida da poboación rural en Galicia.

Na páxina web do proxecto Aldeas Intelixentes está habilitada a información necesaria para participar nesta solicitude de propostas: 

– Formulario de participación

Documentación

 

 

#Rachemoscoaindiferenza é unha campaña de sensibilización e concienciación social sobre a problemática da desigualdade entre homes e mulleres e a violencia sobre a muller.
 
Na seguinte ligazón podes consultar e ver os últimos vídeos que elaboramos na loita contra a Violencia de Xénero:

Vídeo 1. A pasividade fainos cómplices

Vídeo 2. Ti podes cambiar as cousas

Vídeo 3. Rexeita as violencias machistas

Vídeo 4. Ver, oír e actuar!

 

Máis información e fotos: https://www.facebook.com/media/set/?vanity=vinos.ixp.gal&set=a.121618863647547

Unha ampla representación institucional deu lectura á declaración institucional de apoio aos viños elaborados baixo as Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia e nomeadamente aos da IXP Ribeiras do Morrazo, diante de adegueiros de todos os territorios que se achegaron este sábado á inauguración do 1º Túnel dos Viños das IXP de Galicia.

O Evento, que se celebrou na sede do GDR Pontevedra Morrazo, enmarcase dentro do proxecto de cooperación      “Dinamización e promoción das IXP vitícolas de Galicia” no que participan os 6 GDR (Pontevedra Morrazo, Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa) e 15 adegas dos territorios das IXP.

No Acto participaron José Luis Cabarcos Corral, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e María Ramallo Vázquez, alcaldesa de Marín, que deu lectura do manifesto rodeada dos alcaldes do resto dos concellos que forman parte da IXP Ribeiras do Morrazo, así como representantes da Deputación de Pontevedra, Concello de Ponte Caldelas, o Servizo de Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, a Asociación de GDRs de Galicia, o Concello de Pontecesures, o Concello de Caldas de Reis, así como as adegas colaboradoras e os Grupos de Desenvolvemento Rural cooperantes. 

No evento, o presidente do GDR Pontevedra-Morrazo e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, destacou a importancia das Indicacións Xeográficas Protexidas para poder seguir ampliando as áreas de cultivo e conservar viñas ancestrais. Sinalou que e diversidade que reúnen os viños das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia é unha oportunidade para introducirse nun mercado no que os consumidores valoran cada vez máis a variedade e a singularidade dos produtos. 

José Luis Cabarcos Corral, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dirixiuse aos adegueiros presentes destacando o compromiso da administración pública coa produción das IXP e coincidiu na importancia da compoñente diferencial e de calidade para favorecer a comercialización internacional dos viños de Galicia.

Declaración institucional

A alcaldesa de Marín, María Ramallo Vázquez, deu lectura da declaración institucional de apoio dos concellos aos viños das IXP de Galicia, que partiu da consideración das «IXP como importante ferramenta para o desenvolvemento rural, que como marca colectiva da viabilidade a pequenas producións locais [...] e que ademais de dar a coñecer o territorio potencian outras actividades económicas complementarias». É por isto que os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa se comprometen a «contribuír á promoción e posta en valor destes viños», especialmente dos amparados na IXP Ribeiras do Morrazo da que forman parte, «apoiando as adegas, facilitando a participación en eventos públicos, empregando os seus viños nos actos celebrados polas institucións», promovendo a cooperación e tamén o seu «consumo responsable e saudable.

Exposición dos viños das IXP de Galicia e catas comentadas.

Con este acto institucional inaugurouse o primeiro dos Túneles do Viño das IXP de Galicia. Os túneles son espazos de mostra e difusión dos viños. Contan cun espazo expositivo onde se describe o contexto cultural e xeográfico dos viños das catro IXP de Galicia: Val do Miño-Ourense, Terra de Barbanza e Iria, Terrra de Betanzos e Terras do Morrazo. Ademais, ao longo do día desenvolvéronse catas comentadas dirixidas a diferentes perfís: institucionais, hostelaría, prescritores e público xeral nas que participaron máis de cen persoas que puideron coñecer de primera man as propiedades duns viños «que falan de nós», da terra, do lugar, da súa orixe, e en definitiva que falan da memoria do que somos e do que queremos ser.

O proxecto está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Máis información e fotos: https://www.facebook.com/media/set/?vanity=vinos.ixp.gal&set=a.121618863647547

 

Lunes, 15 Noviembre 2021 10:54

Mobilizados contra a violencia de xénero

O GDR Pontevedra Morrazo ven de celebrar a súa andaina reivindicativa contra a Violencia de xénero dentro da campaña “Rachemos coa Indiferenza”  e baixo o lema común de todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que pretende concienciar e sensibilizar á poboación en materia de prevención da violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia.

As andainas dos 24 GDR de Galicia, percorreron de xeito simultáneo diferentes tramos dos camiños de Santiago co obxectivo de implicar ás persoas do rural para que camiñen desde 24 puntos distintos do noso territorio co obxectivo de reclamar o fin da violencia machista e de defender a igualdade.

A andaina do GDR Pontevedra Morrazo percorreu un tramo de pouco máis de 6 Km, do Camiño de Santiago Portugués, dende a Capela de Santa Marta de Bértola (Vilaboa)  ata a sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Mourente (Pontevedra) onde se deu lectura dun manifesto ao mesmo tempo que nos outros 23 GDR de Galicia. O Acto que contou coa participación do Alcalde de Pontevedra e presidente do GDR Pontevedra Morrazo, Miguel Anxo Fernández Lores así como doutros representantes dos concellos de Soutomaior, Poio e Vilaboa pechouse co pase dos últimos vídeos realizados dentro da campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA de concienciación social sobre a problemática da desigualdade entre homes e mulleres e a violencia sobre a muller.

 ( https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/videos/?ref=page_internal )

O sábado 20 de novembro celebrarase, na nova sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Os Campos, 19. Mourente, Pontevedra (https://maps.app.goo.gl/N5buYCdzSeTPs63X6) o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
Os túneles do viño son espazos de mostra e degustación dos viños amparados baixo o selo das diferentes IXP no que se desenvolven as catas dirixidas. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia para coñecer as súas características diferenciais, poñendo o foco nos viños da Indicación Ribeiras do Morrazo. Este evento ten lugar dentro do proxecto para a dinamización dos viños das IXP de Galicia, no que cooperan 6 Grupos de Desenvolvemento Rural e 15 adegas das respectivas IXP vitícolas.
Para asistir é necesario a inscrición previa (gratuíta) no evento a través de correo electrónico en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben por teléfono no número 685722084.

Onte xuntámonos con adegueiros, institucións e expertos en viticultura participantes no Pazo da Cultura de Pontevedra para poñer en marcha o proxecto de cooperación para a dinamización dos Viños das IXP de Galicia. Foi unha xornada na que se sentiu a paixón e a singularidade duns viños que falan de nós.

Este ano, Rachamos coa indiferenza, facendo camiño! No marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia, o GDR Pontevedra-Morrazo dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza está a preparar unha andaina baixo o lema común para todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que se celebrará o vindeiro sábado 13 de novembro co obxectivo de concienciar e loitar contra a violencia de xénero. 

A ruta, que terá unha lonxitude de 6 kilómetros e percorrerá un tramo do Camiño de Santiago Portugués, partirá ás 11 horas da Capela de Santa Marta de Bértola (Vilaboa) e rematará na sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Mourente (Pontevedra). 

Únete á Andaina "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" e forma parte da loita. 

#RACHEMOSCOAINDIFERENZA

 

Para participar é necesario enviar a folla de inscrición cumprimentada ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

 Máis información chamando ao 986 10 81 44.

 GDR PontevedraMorrazo 20.3

6 Grupos de desenvolvemento rural e 15 Adegas das 4 Ixp de viños de Galicia xuntan os seus esforzos nun proxecto de cooperación  para dinamizar o sector vitivinícola e contribuír a súa consolidación e crecemento futuro

Descargar Programa acto de presentación

Descargar Folla de inscrición 

O proxecto, cuxo acto de presentación, celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra, ten como obxectivos xerais:

  • Dinamizar aos operadores e establecer canles de colaboración entre as catro IXP vitícolas de Galicia.
  • Impulsar o sector vitivinícola en cada un dos territorios
  • Contribuír a consolidar e/ou aumentar o número de marcas comerciais.
  • Mellorar as canles de divulgación, promoción e comercialización dos viños.
  • Mellorar a formación en proxección e comercialización dos elaboradores.
  • Favorecer un maior coñecemento das IXP e unha mellor percepción social das propias comarcas amparadas.
  • Favorecer o posicionamento enoturístico.

E como obxectivos específicos:

  • Dar a coñecer entre as persoas consumidoras os viños e a realidade das IXP como selo de garantía e calidade.
  • Ofrecer aos elaboradores a oportunidade de presentar os seus viños en distintos foros e formatos, tanto ás persoas consumidoras como ó sector da distribución e a restauración.
  • Conseguir a colaboración das administracións locais na promoción dos viños das IXP mediante a participación en eventos da súa competencia.
  • Establecer acordos de colaboración co sector da restauración local para a promoción dos viños das IXP
  • Posicionamento dixital (Web e RRSS) das IXP.
  • Identificar os elementos de interese enoturístico nos catro territorios para o seu posterior desenvolvemento.
  • Espertar o interese e curiosidade dos visitantes por coñecer os viños dos territorios de cada unha das IXP de Galicia

Actuacións previstas.

As accións previstas no proxecto de cooperación parten dun plan de dinamización e promoción das IXP no que se establecen obxectivos e se definen estratexias, actuacións, medios, etc. así como a xestión, control e seguimento das mesmas.

  • Por unha banda haberá actividades de dinamización, divulgación e animación interna como as 6 xornadas (unha en cada GDR cooperante) nas que se abordarán os retos de futuro, a dinamización da viticultura e a procura dunha mellor percepción social e coñecemento das IXP, dos seus viños e dos territorios.
  • Eventos e actividades de promoción/degustación como os 4 túneles do viño (un por cada Indicación xeográfica protexida) coa presenza de todas as adegas promocionando conxuntamente os seus viños e facilitando a súa degustación e coñecemento.
  • Posicionamento dixital das IXP mediante a construción dunha plataforma web promocional, e a elaboración dun plan de comunicación e difusión nas RRSS e outros medios que animen e apoien todo o proceso.
  • Desenvolvemento enoturístico. Identificando os elementos, contidos e actividades de interese enoturístico, e creando unha rede de establecementos colaboradores coas IXP a partires dun receitario de menús enogastronómicos. Complétase está acción coa asistencia técnica para a elaboración dun documento-guía de adaptación das adegas ao enoturismo que lles permita, aos operadores das IXP, crear e/ou mellorar nas súas instalacións zonas de exposición de viños, cata , degustación, etc.

Xornada de presentación e Túnel do viño en Pontevedra

A primeira xornada de dinamización, que servirá como acto de presentación do proxecto,  celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra  e contará cun espazo para a divulgación, centrado na calidade dos viños amparados polas IXP, a cargo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e unha mesa redonda. 

Na mesa redonda abordaranse entre outros temas,  a importancia dos recursos enoturísticos, as oportunidades de mercado, os novos modelos de consumo e a caracterización oceánica e ribeirá dos viños das indicacións galegas. Participarán Luís Paadín (profesor e Técnico de Viticultura e Enoloxía da Universidade de Vigo), Antonio Portela (experto en cata de viños, viticultura e enoloxía) e Rafa Quintía (antropólogo e economista). Xunto pódese descargar folla de inscrición e programa.

Está aberta a inscrición ao público a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou a través de teléfono no número 685 722 084 para atender aos protocolos sanitarios en materia da Covid19.

Os túneles do viño son outra das actividades contempladas no proxecto. Parellas ás xornadas realizaranse os mesmos no territorio de cada unha das IXP de viño galegas. Celebrarase un túnel en cada unha das indicacións xeográficas protexidas dos viños de Galicia, en total catro. O primeiro dos túneles, correspondente á IXP Ribeiras do Morrazo, realizarase en Pontevedra o día 20 de novembro de 2021 na nova sede do  grupo coordinador, GDR Pontevedra Morrazo no lugar de Os Campos nº 19 de Mourente.

Os túneles funcionarán como espazo de mostra e promoción de todas as referencias de viño amparadas baixo o selo das IXP, ao tempo, que serán espazos de degustación nos que apreciar as características diferenciais dos mesmos.

Realizaranse varias catas, ao longo do día, co obxectivo de facilitar a participación de diferentes perfís sociais: institucional, canal HORECA, sector, e outros axentes.

Ademais contémplase, a sinatura dun acordo institucional, para a promoción dos viños, no que se pretenden acadar a participación das entidades locais que forman parte das IXP.

Financiamento

O proxecto que conta cun orzamento de preto de 100.000€ está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Entidades colaboradoras

O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia: Adega Ardán, Adega Os Areeiros, Mercedarios do Mosteiro de Poio, Reboraina e Videiras no Mar na IXP Ribeiras do Morrazo; Adega Entre os Ríos, Bodegas Calidade Antonio Saborido, Bodegas Torres Augusti, e Cazapitas na IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria; Pagos de Brigante, Casa Beade, Adegas Bordel, Adegas Rilo na IXP Viños da Terra de Betanzos e Adega Terras Mancas e Vides Singulares na IXP Val do Miño-Ourense.

O compromiso destas entidades privadas, é de contribuír ao financiamento do custo do proxecto nunha porcentaxe do 10% dos gastos subvencionables.

Entidades cooperantes

Participan no proxecto os Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa (Sar, Barbanza e Muros-Noia).

 

Viños das IXP de Galicia

As Indicacións Xeográficas Protexidas son figuras impulsadas pola Unión Europea para protexer e certificar a calidade e arraigamento de produtos tradicionais dentro dun territorio. Baixo estas indicacións elabóranse en Galicia viños de calidade, auténticos e diversos, mantendo valores artesanais con arraigamento histórico e empregando materias primas naturais coidadas por produtores locais.

Existen actualmente catro Indicacións Xeográficas Protexidas baixo as que se elaboran viños en Galicia:

  • IXP Val do Miño-Ourense. Foi a primeira das IXPs constituídas, con grande arraigamento histórico nas comarcas situadas na zona central do val río Miño, onde se inclúe a depresión de Ourense capital e as súas zonas limítrofes.
  • IXP Viños da Terra de Betanzos. As condicións límite de luz e temperatura son características propias desta zona para obter os seus singulares viños. O río Mandeo e o seu afluente, o Mendo, crean os vales que rodean á cidade de Betanzos, onde se concentran as terras dedicadas ás súas castes autóctonas.
  • IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria. A zona baixa do litoral norte da ría de Arousa mais o leito inferior e desembocadura do río Ulla configuran esta comarca costeira onde case a totalidade da superficie dedicada ao cultivo de viñedos se atopa por debaixo dos 150 m sobre o nivel do mar.
  • IXP Ribeiras do Morrazo. A máis nova das indicacións de viño de Galicia traballa dende 2018 pola recuperación dunha cultura vitivinícola moi arraigada socialmente dende un territorio de gran potencial que se resiste ao abandono dos seus viñedos.