Descarga baremo e normas de xestión dos proxectos
Criterios de baremación de proxectos produtivos
Os criterios de baremación dos proxectos produtivos fan referencia aos seguintes factores fundamentais:
ID | CRITERIOS DE VALORACIÓN PROXECTOS PRODUTIVOS | Puntuación MÁXIMA |
1 | FACTORES DE LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA | 30 |
1.1 | Características económicas do concello onde se localiza o proxecto | 8 |
1.2 | Características sociolaborais do concello onde se localiza o proxecto | 4 |
1.3 | Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto I | 4 |
1.4 | Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto II | 4 |
1.5 | Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto III | 4 |
1.6 | Entidade de poboación na que se localiza o proxecto | 4 |
1.7 | Outros criterios xeográficos: zonas desfavorecidas | 2 |
2 | CARACTERÍSTICAS DA PERSOA OU ENTIDADE PROMOTORA | 10 |
2.1 | Proxectos presentados por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos | 5 |
2.2 | Formación e/ou experiencia da persoa ou entidade promotora | 2 |
2.3 | Responsabilidade social corporativa | 3 |
3 | IMPACTO SOBRE A CREACIÓN DE EMPREGO | 20 |
3.1 | Incidencia sobre a creación de emprego neto | 10 |
3.2 | Incidencia sobre a creación de emprego de persoas de colectivos desfavorecidos | 5 |
3.3 | Incidencia sobre a creación de emprego local | 5 |
4 | CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO | 20 |
4.1 | Tipoloxía de proxecto | 5 |
4.2 | Carácter innovador | 5 |
4.3 | Ámbito do proxecto | 10 |
5 | IMPACTO SOBRE O TERRITORIO | 20 |
5.1 | Capacidade de arrastre do proxecto | 10 |
5.2 | Incidencia ambiental do proxecto | 10 |
PUNTUACIÓN TOTAL | 100 |
Regras para os proxectos produtivos
A puntuación mínima que haberá de obter un proxecto produtivo será de 20 puntos; por baixo deste valor, os proxectos non serán subvencionados.
Relación entre puntos de valoración de baremo e % de axuda en proxectos produtivos:
- 20 puntos: 20 % de axuda
- 70 puntos ou máis: 45 % de axuda.
Para valores intermedios do baremo procédese do seguinte modo:
- Aos primeiros 20 puntos asígnaselle un 20% axuda
- Aos restantes puntos do baremo asígnaselle a parte proporcional directa de porcentaxe de axuda segundo a seguinte relación (50 puntos restantes de baremo / 25% axuda pendente de asignar) O calculo farase axustado a dous decimais.
Criterios de baremación de proxectos non produtivos
Os criterios de baremación dos proxectos non produtivos fan referencia aos seguintes factores fundamentais:
ID | CRITERIOS DE VALORACIÓN PROXECTOS NON PRODUTIVOS | Puntuación MÁXIMA |
1 | FACTORES DE LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA | 30 |
1.1 | Características económicas do concello onde se localiza o proxecto | 8 |
1.2 | Características sociolaborais do concello onde se localiza o proxecto | 4 |
1.3 | Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto I | 4 |
1.4 | Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto II | 4 |
1.5 | Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto III | 4 |
1.6 | Entidade de poboación na que se localiza o proxecto | 4 |
1.7 | Outros criterios xeográficos: zonas desfavorecidas | 2 |
2 | CARACTERÍSTICAS DA ENTIDADE PROMOTORA | 20 |
2.1 | Promotor individual ou agrupado | 3 |
2.2 | Natureza xurídica e/ou obxecto social da entidade promotora | 10 |
2.3 | Igualdade de oportunidades | 4 |
2.4 | Responsabilidade social corporativa | 3 |
3 | CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO | 30 |
3.1 | Tipoloxía de proxecto | 20 |
3.2 | Ámbito de actuación do proxecto | 8 |
3.3 | Cooperación do proxecto ou entidades colaboradoras | 2 |
4 | IMPACTO SOBRE O TERRITORIO | 20 |
4.1 | Incidencia sobre o medioambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono | 10 |
4.2 | Compromiso de emprego de novas tecnoloxías | 10 |
PUNTUACIÓN TOTAL | 100 |
No caso dos proxectos non produtivos establecemos unha serie de categorías que nos indicarán se ten máis ou menos prioridade, á hora de ser financiado. Deste xeito podemos diferenciar entre proxectos non produtivos de prioridade alta, media ou baixa:
Proxectos non produtivos de prioridade alta: intensidade de axuda máxima do 90% de axuda |
|
Proxectos non produtivos de prioridade media: intensidade de axuda máxima do 70% de axuda |
|
Proxectos non produtivos de prioridade baixa: intensidade de axuda máxima do 50% de axuda. |
|
Regras para os proxectos non produtivos
A puntuación mínima que haberá de obter un proxecto non produtivo será de 30 puntos; por baixo deste valor, os proxectos non serán subvencionados
Relación entre puntos de valoración de baremo e % de axuda en proxectos non produtivos:
- 30 puntos:
- 40 % de axuda para proxectos de prioridade alta
- 30 % de axuda para proxectos de prioridade media e baixa
- 70 puntos ou máis:
- 90 % de axuda para proxectos de prioridade alta
- 70 % de axuda para proxectos de prioridade media
- 50 % de axuda para proxectos de prioridade baixa
Para valores intermedios do baremo procédese do seguinte modo:
Aos primeiros 30 puntos asígnaselle un :
- 40 % de axuda para proxectos de prioridade alta
- 30 % de axuda para proxectos de prioridade media e baixa
Logo en cada unha das prioridades, aos restantes puntos do baremo asígnaselle a parte proporcional de porcentaxe de axuda segundo a seguinte relación; e en todos os casos o cálculo farase axustado a dous decimais:
- (40 puntos restantes de baremo / 50% axuda pendente de asignar) para proxectos de prioridade alta.
- (40 puntos restantes de baremo / 40% axuda pendente de asignar ) para proxectos de prioridade media.
- (40 puntos restantes de baremo / 20% axuda pendente de asignar) para proxectos de prioridade baixa.
Criterios de priorización de proxectos
Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, a xunta directiva seguirá os seguintes criterios:
Proxectos produtivos
- Puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.
- No caso de empate, a contribución á articulación do tecido produtivo local, en coherencia coa estratexia do GDR. Para estes efectos terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
- 2.3 Responsabilidade social corporativa (RSC).
- 3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto.
- 4.3 Ámbito do proxecto.
- 5.1 Capacidade de arrastre do proxecto.
- No caso de empate, a coherencia coa estratexia do GDR, a incidencia sobre o emprego e o seu efecto multiplicador no territorio. A estes efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
- 3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto.
- 5.1 Capacidade de arrastre do proxecto.
Proxectos non produtivos.
A relación de proxectos non produtivos que propoña a xunta directiva para a concesión da axuda deberá incluír, en primeiro lugar, os considerados de prioridade alta, logo os de prioridade media e, a seguir, os de prioridade baixa.
Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, dentro de cada unha destas categorías a xunta directiva seguirá os seguintes criterios:
- Puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.
- No caso de empate, a contribución ao desenvolvemento local, en coherencia cos obxectivos de sustentabilidade económica, social, territorial e medioambiental. Para este efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
- 2.2 Natureza xurídica e/ou obxecto social da entidade promotora.
- 2.4 Responsabilidade social corporativa (RSC).
- 3.1 Tipoloxía do proxecto.
- 3.2 Ámbito de actuación do proxecto.
- 3.3 Cooperación do proxecto ou entidades colaboradoras.
- 4.1 Incidencia sobre o medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono.
- No caso de empate, a coherencia coa estratexia do GDR e o impacto medioambiental sobre o territorio. A estes efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
- 3.1 Tipoloxía do proxecto.
- 4.1 Incidencia sobre o medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono.
Para os proxectos promovidos directamente polos GDR, referidos a formación no marco da submedida 19.2 (apoio á realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e os de animación e promoción territorial correspondentes á submedida 19.4.B (animación), unha vez que estean verificados por Agader, propoñerase a concesión de axuda de cada un destes expedientes ata o esgotamento do crédito dispoñible en cada anualidade.