Este novo centro de AFAMO situado na parroquia de Tirán, dispón de 26 prazas, e esta orientado ás persoas maiores de 65 anos, cun deterioro cognitivo moi leve ou sen unha demencia diagnosticada, da comarca do Morrazo.
Ao acto de inauguración asistiron entre outros o Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo, o presidente do GDR Pontevedra Morrazo e alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, a Alcaldesa de Moaña Leticia Santos Paz, a deputada provincial de cohesión social Olga M. García Ballesteros e a presidenta de AFAMO Josefa Cancelas Pérez así como representantes da xunta directiva e familiares de persoas usuarias.
O obxectivo do proxecto é, ofrecer servizos de atención e asistencia diúrna a persoas maiores con necesidades de coidados; en especial, os servizos básicos de manutención, coidado persoal, aseo e hixiene, control e mantemento da saúde, asistencia nas actividades básicas da vida diaria (ABVD); ademais dos servizos terapéuticos (programa de intervención terapéutica á persoa usuaria, programa de asesoramento ás familias, programa de apoio psicolóxico e programa das formación) e os servizos complementarios (catering, transporte, etc.).
O proxecto, supuxo un investimento de 146.148 € e contou cunha axuda pública de 100.476,92 € (68,75 %) de fondos Leader 2014_2020, xestionados a través do GDR Pontevedra Morrazo e cofinanciados polo FEADER (75%), AGADER (22,5%) e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).
O acto rematou coa interpretación musical de Xabier Blanco de diferentes pezas do novo proxecto im.RAÍZ.
O 29 de marzo ás 12 h. terá lugar no Salón de Actos do Clube Náutico de Sanxenxo un dos encontros "Camiño de futuro", iniciativa organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) xunto coa Agader e coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co obxectivo de promover e impulsar a innovación nas PEMES de Galicia e que conta coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo e Salnés-Ulla-Umia e co GALP Ría de Pontevedra.
Onte xuntámonos con adegueiros, institucións e expertos en viticultura participantes no Pazo da Cultura de Pontevedra para poñer en marcha o proxecto de cooperación para a dinamización dos Viños das IXP de Galicia. Foi unha xornada na que se sentiu a paixón e a singularidade duns viños que falan de nós.
Este ano, Rachamos coa indiferenza, facendo camiño! No marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia, o GDR Pontevedra-Morrazo dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza está a preparar unha andaina baixo o lema común para todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que se celebrará o vindeiro sábado 13 de novembro co obxectivo de concienciar e loitar contra a violencia de xénero.
A ruta, que terá unha lonxitude de 6 kilómetros e percorrerá un tramo do Camiño de Santiago Portugués, partirá ás 11 horas da Capela de Santa Marta de Bértola (Vilaboa) e rematará na sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Mourente (Pontevedra).
Únete á Andaina "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" e forma parte da loita.
#RACHEMOSCOAINDIFERENZA
Para participar é necesario enviar a folla de inscrición cumprimentada ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Máis información chamando ao 986 10 81 44.
6 Grupos de desenvolvemento rural e 15 Adegas das 4 Ixp de viños de Galicia xuntan os seus esforzos nun proxecto de cooperación para dinamizar o sector vitivinícola e contribuír a súa consolidación e crecemento futuro
Descargar Programa acto de presentación
Descargar Folla de inscrición
O proxecto, cuxo acto de presentación, celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra, ten como obxectivos xerais:
E como obxectivos específicos:
Actuacións previstas.
As accións previstas no proxecto de cooperación parten dun plan de dinamización e promoción das IXP no que se establecen obxectivos e se definen estratexias, actuacións, medios, etc. así como a xestión, control e seguimento das mesmas.
Xornada de presentación e Túnel do viño en Pontevedra
A primeira xornada de dinamización, que servirá como acto de presentación do proxecto, celebrarase o 4 de novembro ás 17.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra e contará cun espazo para a divulgación, centrado na calidade dos viños amparados polas IXP, a cargo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e unha mesa redonda.
Na mesa redonda abordaranse entre outros temas, a importancia dos recursos enoturísticos, as oportunidades de mercado, os novos modelos de consumo e a caracterización oceánica e ribeirá dos viños das indicacións galegas. Participarán Luís Paadín (profesor e Técnico de Viticultura e Enoloxía da Universidade de Vigo), Antonio Portela (experto en cata de viños, viticultura e enoloxía) e Rafa Quintía (antropólogo e economista). Xunto pódese descargar folla de inscrición e programa.
Está aberta a inscrición ao público a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou a través de teléfono no número 685 722 084 para atender aos protocolos sanitarios en materia da Covid19.
Os túneles do viño son outra das actividades contempladas no proxecto. Parellas ás xornadas realizaranse os mesmos no territorio de cada unha das IXP de viño galegas. Celebrarase un túnel en cada unha das indicacións xeográficas protexidas dos viños de Galicia, en total catro. O primeiro dos túneles, correspondente á IXP Ribeiras do Morrazo, realizarase en Pontevedra o día 20 de novembro de 2021 na nova sede do grupo coordinador, GDR Pontevedra Morrazo no lugar de Os Campos nº 19 de Mourente.
Os túneles funcionarán como espazo de mostra e promoción de todas as referencias de viño amparadas baixo o selo das IXP, ao tempo, que serán espazos de degustación nos que apreciar as características diferenciais dos mesmos.
Realizaranse varias catas, ao longo do día, co obxectivo de facilitar a participación de diferentes perfís sociais: institucional, canal HORECA, sector, e outros axentes.
Ademais contémplase, a sinatura dun acordo institucional, para a promoción dos viños, no que se pretenden acadar a participación das entidades locais que forman parte das IXP.
Financiamento
O proxecto que conta cun orzamento de preto de 100.000€ está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Entidades colaboradoras
O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia: Adega Ardán, Adega Os Areeiros, Mercedarios do Mosteiro de Poio, Reboraina e Videiras no Mar na IXP Ribeiras do Morrazo; Adega Entre os Ríos, Bodegas Calidade Antonio Saborido, Bodegas Torres Augusti, e Cazapitas na IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria; Pagos de Brigante, Casa Beade, Adegas Bordel, Adegas Rilo na IXP Viños da Terra de Betanzos e Adega Terras Mancas e Vides Singulares na IXP Val do Miño-Ourense.
O compromiso destas entidades privadas, é de contribuír ao financiamento do custo do proxecto nunha porcentaxe do 10% dos gastos subvencionables.
Entidades cooperantes
Participan no proxecto os Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa (Sar, Barbanza e Muros-Noia).
Viños das IXP de Galicia
As Indicacións Xeográficas Protexidas son figuras impulsadas pola Unión Europea para protexer e certificar a calidade e arraigamento de produtos tradicionais dentro dun territorio. Baixo estas indicacións elabóranse en Galicia viños de calidade, auténticos e diversos, mantendo valores artesanais con arraigamento histórico e empregando materias primas naturais coidadas por produtores locais.
Existen actualmente catro Indicacións Xeográficas Protexidas baixo as que se elaboran viños en Galicia:
Conscientes da importancia da paisaxe como elemento fundamental da calidade de vida das persoas e como elemento vertebrador e integrador para o desenvolvemento sustentable do territorio, o GDR Pontevedra Morrazo lanza en redes un vídeo de sensibilización sobre a paisaxe e a necesidade compartida de poñela en valor e preservala fronte a unha modernidade e un desenvolvemento non sempre ben entendidos.
Coidemos a paisaxe, o momento é agora!
Enlace vídeo: https://youtu.be/VF5y4EgXuCs
20 de outubro, #díainternacionaldapaisaxe
O mércores 13 de outubro, trala celebración de varias reunións de traballo cos viticultores de Cela e outras persoas interesadas, o GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu presentou no Centro Social do Mar as conclusións alcanzadas trala análise de diferentes alternativas para potenciar a viticultura na zona no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.
Onte tivo lugar no Centro Social do Mar o segundo obradoiro de traballo para validar as alternativas que permitan potenciar a viticultura en Bueu no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu levado a cabo polo GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño.
O luns 27 de setembro o GDR Pontevedra-Morrazo organizou, en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu, un obradoiro de traballo no Centro Social do Mar dentro do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo, continuando así co diagnóstico e análise das diferentes alternativas que permitan poñer en valor as castes e os viñedos da zona, contribuír a evitar o arranque ou abandono dos mesmos, e impulsar o aumento da superficie en produción certificada dentro da citada IXP.