Límites das axudas

Límites de axuda pública máxima con carácter xeral

  APLICACIÓN DA EDLP
  PRODUTIVOS NON PRODUTIVOS
Importe máximo de axuda 200.000 € 250.000 €
Importe máximo R 1407/2013 200.000 € 200.000 €
% máximo de axuda 45% 90%

Proxectos Produtivos

Actividades empresariais co obxecto de xerar emprego e rendas para a poboación que respondan aos obxectivos sinalados no programa.

O importe máximo da axuda pública será de 200.000€ agás condicións máis restritivas sinaladas no Réxime de axudas. A porcentaxe máxima de axuda será do 45 %.

Proxectos Non Produtivos

Dirixidos a cubrir as necesidades da poboación rural, que respondan a unha visión comarcal e que perseguirán a satisfacción do interese público ou colectivo.

O importe máximo de axuda pública será de 200.000 € e a porcentaxe máxima virá determinada pola prioridade do tipo de proxecto segundo a seguinte clasificación:

Proxectos non produtivos de prioridade alta: intensidade de axuda máxima do 90% de axuda
  • Investimentos relacionados cos servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores dependentes e non dependentes, e a promoción dun envellecemento activo e saudable das mesmas, tales como: centros de inclusión e emerxencia social, centros de integración, inserción ou inclusión socio-laborais para persoas discapacitadas, infantís, centros de maiores non dependentes (pisos tutelados, vivendas comunitarias, centros de día, etc.) e actuacións para promover a igualdade e a integración social da poboación
  • Investimentos non produtivos relacionados co uso e a mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TICs) no medio rural, tales como telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos a empresas ou á poboación en xeral.
  • Investimentos non produtivos relacionados coa utilización de enerxías alternativas, o aforro ou eficiencia enerxética, a compostaxe, a biomasa, a reutilización e reciclaxe etc. Tales como instalación de caldeiras de biomasa, placas solares, mecanismos e equipamentos que permitan a redución do consumo de auga, ou aproveitamento hídrico, etc
Proxectos non produtivos de prioridade media: intensidade de axuda máxima do 70% de axuda
  • Investimentos relacionados coa valorización, conservación e/ou recuperación do patrimonio natural e cultural, tales como a recuperación e integración paisaxística, recuperación do hábitat e a biodiversidade, custodia do territorio, aulas da natureza, centros de interpretación, intervencións arqueolóxicas, recuperación de construcións de interese cultural (histórico-artístico, etnográfico, arquitectónico, etc) e actuacións de sensibilización, promoción e difusión, etc.
  • Investimentos non produtivos, relacionadas coa valorización e/ou promoción dos produtos e producións locais vinculados ás denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, a viticultura, a agricultura ecolóxica, a artesanía local, gastronomía, etc.
  • Investimentos non produtivos relacionados co sector turístico tales como actuacións de promoción, difusión e divulgación dos recursos turísticos, rutas de sendeirismo homologadas pola Federación Galega de Montaña, construción de miradoiros, puntos de información turística, centros de promoción de recursos, etc.
Proxectos non produtivos de prioridade baixa: intensidade de axuda máxima do 50% de axuda.
  • Investimentos relacionados coas actividades e infraestruturas, deportivas, recreativas de lecer e culturais tales como ludotecas, locais sociais, parques, etc.
  • Resto de investimentos non produtivos non recollidos nos epígrafes anteriores.

 

Réxime de compatibilidade

Con carácter xeral, un proxecto poderá compatibilizar a axuda ao abeiro do Leader (que están cofinanciadas con fondos Feader) con outras axudas de un ou varios Fondos EIE ou de un ou varios programas e de outros instrumentos da Unión; coa condición de que o investimento incluído non estea subvencionado por outro Fondo EIE ou instrumento da Unión, nin polo mesmo Fondo conforme a un programa distinto.

O importe das axudas non poderá illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes doutras Administracións Públicas ou doutros entes, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superar o custo total da operación subvencionada.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
No hay próximos eventos!