Que é o Leader?

O LEADER 2014-2020 é unha medida do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia cofinanciada con fondos europeos do FEADER (Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural).

A Unión Europea impulsa o Leader (Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) dende o ano 1991, para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural. Deste xeito, os diferentes territorios do rural convértense nos protagonistas do seu propio desenvolvemento.

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural defínense no ámbito local do territorio, e as decisión sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por os Grupos de desenvolvemento rural (GDR), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados do territorio, que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

Obxectivos

Neste período 2014-2020 o enfoque Leader en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:

  • Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.

  • Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.

  • Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.

  • Garantir a sostibilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.

  • Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.

  • Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

Orzamento

 

A dotación financeira prevista inicialmente para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativo do GDR Pontevedra-Morrazo a través do LEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020 conta cun total de 3.137.373,21 euros de fondos públicos segundo o acordo do Consello de Dirección de Agader do 16 de novembro de 2016 polo que se selecciona o GDR e a súa estratexia.

 

Descarga Folleto LEADER GDR Pontevedra-Morrazo

 

Enlaces de interese:

 

logo agaderxunta conselleria medio rurallogo ue lema galegologo ministerio 2

 

 

Eventos -Calendario

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
No hay próximos eventos!