Dende este martes 22 de setembro estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos da nova edición do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020) ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo no vindeiro mes de outubro na modalidade de teleformación.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020)” de 60 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
- Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para reforzalo e empoderalo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
- Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.
A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de outubro son:
- Horticultura ecolóxica (27 h)
- Apicultura ecolóxica (10 h)
- Xestión sustentable do monte e producións alternativas (23 h)
Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.
Os cursos, que poderan incluir visitas temáticas de traballo (sempre que a situación epidemiolóxica o permita) serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
PRAZAS LIMITADAS: Para a inscrición deberase remitir a solicitude adxunta, debidamente cuberta, ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.