“Xestión agroforestal sustentable (2020)” é un programa formativo de 60h lectivas, baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.
Para isto, o programa formativo centrarase en:
- Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio.
- Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.
A proposta de contidos didácticos para cada unha das accións formativas a desenvolver durante o periodo contemplado son:
- Horticultura ecolóxica (27 h.) Abordaranse contidos de:
- Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico.
- Regulamento europeo de produción ecolóxica.
- Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
- Deseño do horto ecolóxico.
- Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo.
- Operacións de cultivo.
- Fertilización.
- Bases para a elaboración de compost.
- Invernadoiros.
- Pragas, enfermedades e malas herbas (Clasificación. Tratamento e control)
- Manexo vexetativo (Métodos de multiplicación de plantas. Poda. Asociacións e rotacións de cultivos).
- Comercialización (A comercialización dos productos. Canles de distribución e venda. Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa. Esquema dun plan de marketing).
- Apicultura ecolóxica (10 h.) Abordaranse contidos de:
Apicultura ecolóxica:
- A produción apícola dende o punto de vista ecolóxico.
- A abella e o apicultor. Colmeas.
- Instalación do apiario. Transhumancia.
- Os produtos. Extracción.
- Manipulación de colmeas. Alimentación e multiplicación.
- Pragas e enfermidades. A Velutina.
Comercialización:
- A comercialización dos productos.
- Canles de distribución e venda.
- Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa.
- Esquema dun plan de marketing.
- Xestión sustentable do monte e producións alternativas (23 h.)
Contido xeral:
- Economía circular dos cultivos e valorización dos recursos propios do rural e de zonas forestais e a súa integración coas Aldeas Modelo.
- Deseño sostible e rendible en plantacións de froiteiras, froitos do bosque, aromáticas e medicinais.
- Nocións básicas sobre os cultivos (preplantación, abonado, plantación, entitorado, mantemento, poda, aclarado, colleita e poscolleita).
Comercialización:
- A comercialización dos productos (compota, deshidratado, liofilizado, etc.).
- Canles de distribución e venda.
- Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa.
- Esquema dun plan de marketing