Proxecto dunha adega artesán localizada en Ardán-Marín con case 2 hectáreas de viñedos en parras de variedade albariño e caíño tinto baixo a IXP Ribeiras do Morrazo; que mecaniza o proceso de produción do viño mediante o prensado automatizado para mellorar as características e fineza do mosto, e reducir os custes de produción; así mesmo, busca desenvolver unha nova liña de produto mediante a crianza en barricas de carballo que permitan engadir valor e dotar o viño de características e aromas diferentes.