Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de Calvelo e Río Tenorio coa finalidade de crear unha área de recreo forestal nunha carballeira situada na contorna do río Lérez, comunicada coa praia fluvial de Calvelo dotando á parroquia dunha zona de lecer de libre acceso como reclamo turístico e zona de esparcemento para visitantes e veciños, que complemente os servizos recreativos-lúdicos actuais da parroquia de Tenorio.
Os investimentos previstos consisten no acondicionamento da carballeira e limpeza de senda con tratamentos silvícolas en masa de frondosa, sinaléctica (paneis interpretativos e sinais tipo frecha), instalación de mobiliario complementario (mesas de pedra con bancos) e custos xerais (honorarios técnicos do proxecto).