Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de San Martín de Vilaboa coa finalidade de ampliar os espazos e os equipamentos deportivo-saudables da parroquia dotándoa de infraestructuras de uso recreativo de libre acceso, mediante dúas actuacións complementarias:
- Creación dunha área biosaudable no lugar de Paredes que constará dun circuito completo de 7 aparellos de entrenamento, sendo 1 elemento para persoas con mobilidade reducida, ademais de sinalización cun cartel sobre usos e beneficios físicos.
- Creación dunha pista deportiva de fútbol no lugar de Postemirón, xunto a Casa de Cultura e complementando o parque infantil existente na parcela.