“Punto de información turística no Concello de Soutomaior (Arcade)”

  • Promotor: Concello de Soutomaior
  • Localización: Arcade
  • Orzamento: 12.721,93 €
  • Axuda Aprobada: 7.152,27 €

O Concello de Soutomaior proxecta a creación dun punto de información turístico na zona da Feira en Arcade, preto do inicio do tramo do Camiño Portugués que discorre por municipio, que permita canalizar a experiencia dos peregrinos, visitantes e veciños dentro do seu destino no término municipal e valorizar os recursos e atractivos turísticos municipais a través dunha caseta informativa e o uso das novas tecnoloxías como canal de comunicación e interacción co turista.

Esta iniciativa ten por obxectivos: incrementar a satisfacción do peregrino/turista/visitante grazas ó apoio e información prestados; dotar dun punto de información turística municipal; e mellorar a eficacia na promoción e xestión dos recursos turísticos do concello.

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31