Aberta a inscrición para as catas do Túnel do Viño na IXP Ribeiras do Morrazo

O sábado 20 de novembro celebrarase, na nova sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Os Campos, 19. Mourente, Pontevedra (https://maps.app.goo.gl/N5buYCdzSeTPs63X6) o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
Os túneles do viño son espazos de mostra e degustación dos viños amparados baixo o selo das diferentes IXP no que se desenvolven as catas dirixidas. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia para coñecer as súas características diferenciais, poñendo o foco nos viños da Indicación Ribeiras do Morrazo. Este evento ten lugar dentro do proxecto para a dinamización dos viños das IXP de Galicia, no que cooperan 6 Grupos de Desenvolvemento Rural e 15 adegas das respectivas IXP vitícolas.
Para asistir é necesario a inscrición previa (gratuíta) no evento a través de correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben por teléfono no número 685722084.
Ningún evento vindeiro!