O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Os obxectivos da campaña son:
- PROMOVER A IGUALDADE E SENSIBILIZAR AOS DISTINTOS COLECTIVOS DA POBOACIÓN.
- INFORMAR E CONCIENCIAR ACERCA DA PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, RECURSOS E SERVIZOS DE APOIO.
- PROMOVER UN CAMBIO SOCIAL, AUMENTANDO A CONCIENCIA SOBRE A PROBLEMÁTICA DA DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES E A VIOLENCIA SOBRE A MULLER.
A violencia contra as mulleres é un problema social, e combatela, é responsabilidade de toda a sociedade e require a máxima colaboración e cooperación.
Prema na seguinte ligazón para visualizar os vídeos da campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA:
http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/r-s/igualdade