O 26 e 27 de maio celébrase a VII Mostra do Viño de Vilaboa na que se concentrarán os colleiteiros locais para por en valor os viños da terra. Esta será a primeira que se faga baixo a cobertura da IXP Ribeiras do Morrazo, a que pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, e contará con numerosas actividades que terán lugar ao longo da fin de semana entre as que destaca a I Cata profesional das adegas da IXP.
O lugar de celebración será o Adro das festas de Santa Cristina de Cobres.
Promotor: Concello de Vilaboa
Localización: Vilaboa
Orzamento: 5.200,00 €
Descrición:
O Concello de Vilaboa proxecta a rexeneración e estudo da restauración dos fangos das Salinas do Ulló na Ensenada de San Simón, dentro da zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e tamén declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), co uso de microorganismos efectivos ou EM nunha superficie de actuación prevista de 0.5 hectáreas que permitan a recolonización de grupos vexetais e fauna acuática da zona.
Promotor: Talleres Chano,SL
Localización: Vilaboa
Orzamento: 174.560,00 €
Axuda aprobada: 40.410,64 €
Descrición:
Modernización dun taller de fontanería, calefacción e carpintería de aluminio na zona de Bértola, cara unha nova línea de producto destinada á fabricación de barras de perfís metálicos en forma Pittsburgh para módulos solares fotovoltaicos (con tecnoloxía de capa delgada de silicio amorfo hidroxenado) e incremento da súa actividade de carpintería metálica en xeral.
Ampliación dun viveiro na parroquia de Figueirido do municipio de Vilaboa, mellorando a súa capacidade productiva mediante o incremento tanto na superficie de explotación en 5.750m2 como na sementeira de planta forestal e produción de froiteiros; que persegue dar continuidade a liña de negocio actual de produción de variedades forestais, froiteiras e ornamentais de gran porte, e coa especialización de especies autóctonas frondosas (Quercus robur e Castanea sativa), coníferas (Pino pinaster) e a recuperación de variedades no campo dos froiteiros