Estratexias para o desenvolvemento da IXP Ribeiras do Morrazo na parroquia de Cela

Onte tivo lugar no Centro Social do Mar o segundo obradoiro de traballo para validar as alternativas que permitan potenciar a viticultura en Bueu no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu levado a cabo polo GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño.