Proxecto de creación dunha fábrica de mobles de madeira para o fogar, especializada no deseño e produción de unidades para o amoblamento de salas de estar, dormitorios, etc. ubicada na parcela 21-Polígono Industrial “A Facha” en Campo Lameiro.
As liñas estratéxicas para acadar tal fin son as seguintes:
1) Dispor dun centro fabril de 1.407,61 m2 eficiente e con capacidade suficiente para acadar os obxectivos de facturación e custes. Contará con maquinaria punteira e a planta estará optimizada a nivel loxístico para as fases do proceso produtivo: deseño e fabricación de prototipos, fabricación en serie, almacenaxe e comercialización.
2) Deseño e materiais adaptados ós tempos, orientado a un público xuvenil.
3) Calidade nos acabados, especialmente de verniz e pintura.
4) Desenvolvemento estratéxico da Responsabilidade Social Empresarial.