GDR Pontevedra Morrazo

GDR Pontevedra Morrazo

Promotor: Concello de Moaña
Localización: Moaña
Orzamento: 458.620,69 €
Axuda aprobada: 137.586,21 €
Descrición:
Trátase da rehabilitación e construción do Auditorio no centro "Rosalía de Castro" na parroquia de Domaio destinado a eventos, espectáculos, usos múltiples e actividades culturais, conforme o proxecto técnico do arquitecto moañés D.Rodrigo Currás Torres.

Promotor: Concello de Pontevedra
Localización: Lg. Lusquiños, Concello de Tomeza - Pontevedra
Orzamento: 138.746,40 €
Axuda aprobada: 35.421,96 €
Descrición:
Rehabilitación e acondicionamento dun edificio municipal para destinalo a centro cívico e social da parroquia de Tomeza, en Pontevedra conforme ao proxecto do técnico municipal D.Angel Velando Rodriguez, por importe de 167.883,14 € IVE incluído.
A actuación levarase a cabo na antiga escola unitaria de Tomeza, no lugar de Lusquiños As obras están orientadas á rehabilitación da edificación existente para o seu uso como centro cívico e social da veciñanza, polo que se prevé acondicionar o interior do edificio, mellorando a accesibilidade de salas e accesos e creando aseos adaptados, adoptándose ademais medidas que melloran a eficiencia enerxética da instalación, e dotarase dun equipamento básico (mobiliario e novas tecnoloxías) para realizar a súa función.

Promotor: Concello de Ponte Caldelas
Localización: Ponte Caldelas
Orzamento: 76.328,99 €
Axuda aprobada: 31.294,89 €
Descrición:
Rehabilitación do Centro Sociocultural de Chaín na parroquia de A Insua para a súa posta en valor e destinado a reunións, actividades culturais e usos múltiples, conforme o proxecto do técnico municipal D.Antonio Liste Alejandro.

Promotor: Talleres Chano,SL
Localización: Vilaboa
Orzamento: 174.560,00 €
Axuda aprobada: 40.410,64 €
Descrición:
Modernización dun taller de fontanería, calefacción e carpintería de aluminio na zona de Bértola, cara unha nova línea de producto destinada á fabricación de barras de perfís metálicos en forma Pittsburgh para módulos solares fotovoltaicos (con tecnoloxía de capa delgada de silicio amorfo hidroxenado) e incremento da súa actividade de carpintería metálica en xeral.

Promotor: Panadería Tenorio Cotobade,SL
Localización: Cotobade
Orzamento: 26.550,00 €
Axuda aprobada: 9.473,04 €
Descrición:
Modernización dun obradoiro de panadería na zona de Tenorio mediante a instalación de dous queimadores de biomasa para o forno aumentando a eficiencia enerxética e con combustible renovable, e a adquisición dunha cociña industrial que lle permiten ampliar a súa liña de negocio de productos elaborados (empanadas, etc) cun incremento da súa capacidade produtiva e da panadería en xeral.

Promotor: Renovación Aldea Rural,SLU
Localización: Poio
Orzamento: 255.376,49 €
Axuda aprobada: 86.828,01 €
Descrición:
Creación dun negocio dirixido á hostelería mediante o acondicionamento dunha edificación e entorno adicados a restaurante rural, onde poñer en valor a gastronomía galega e tentando acadar unha distinción fronte a outros establecementos do ramo destinando a planta baixa a actividades relacionadas coa degustación de productos típicos e realización de todo tipo de eventos.

Promotor: Fábrica Mangos Maquieira, SL
Localización: Barro
Orzamento: 71.849,31 €
Axuda aprobada: 23.092,37 €
Descrición:
Proxecto de mellora dunha empresa adicada á fabricación de mangos de madeira ubicada en Barro, cara unha nova liña de productos de lonxitude superior a 1.300mm que lle permitirá a diversificación da súa gama de productos accedendo a novos mercados e satisfacendo a demanda actual (fabricación de mangos de madeira de 1.600mm de forma automática e 1.900mm de forma semi-automática), e o control centralizado da producción a través dunha aplicación informática.

Promotor: Amancio Montes Esperón
Localización: Poio
Orzamento:80.684,34 €
Axuda aprobada: 32.176,91 €
Descrición:
Creación dun obradoiro destinado a prestar servizos de reparación de calzado, duplicado de chaves, afiados e elaboración de artigos de artesanía (coiro e madeira) na parroquia de Combarro en Poio.
 

Promotor: Cristalería Pontevedresa S.A.
Localización: Lg. Polígono A Reigosa - Concello Pontecaldelas
Orzamento: 690.000,00 €
Axuda aprobada: 214.038,00 €
Descrición:
Proxecto de adquisición de maquinaria e instalacións necesarias para a elaboración dun novo produto; o vidro templado curvo, que permitirá á empresa diversificar a súa oferta, accedendo a novos mercados como a automoción e posicionandoa como único fabricante en Galicia deste produto.
Con este proxecto preténdese fabricar un vidro templado curvo de seguridade, con espesores a partir de 3,5 mm, que ofreza unha gran resistencia mecánica á compresión e á tracción e unha alta resistencia estructural ao impacto.
O investimento material consiste en: Maquinaria/instalación de “Unidade de curvado con capacidade desde 3,15mm con turbina do curvador e sistema de distribución de aire” por un importe total presentado de 690.000 €, IVE excluído.

Promotor:Acaruxa,SL
Localización: A Lama
Orzamento:269.635,42 €
Axuda aprobada:117.426,22 €
Descrición:
Creación dunha pequena empresa de servizos hípico-turísticos consistentes en: Pupilaxe e escola de hípica; Rutas a cabalo polo Camiño Santiago; Escapadas a cabalo pola zona, compaxinando actividades lúdicas, gastronómicas e culturais; Intermediación en servicios turísticos e de ocio ofertados na zona por terceiros; Organización de eventos lúdicos e deportivos a medida para grupos e empresas, sobre a base do entorno natural e cultural da zona.