O 03 de setembro arrancaron no Pazo da Cultura de Pontevedra os cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable que desenvolve o GDR Pontevedra Morrazo. As accións formativas que se van a desenvolver durante este mes de setembro son: Agricultura ecolóxica (22 h) Gandería ecolóxica (16 h) Xestión sustentable do monte e producións alternativas (22 h) Sector ecolóxico: Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (10 h)
O obxectivo da campaña é dar a coñecer a IXP Ribeiras do Morrazo a sociedade/mercado, darlle visibilidade, identidade, e dicir pretende o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía cunha dobre finalidade: DINAMIZAR A VITICULTURA E OS VITICULTORES DO TERRITORIO POSICIONAR OS VIÑOS DA IXP CARA AO MERCADO A MENSAXE EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE DINAMIZACIÓN, A campaña pretende poñer en valor o traballo dos viticultores Comunicar que existe, unha viticultura, marítima, inxerida no atlántico, OCEÁNICA, de gran potencial Que hai unha oportunidade para novas iniciativas vitivinícolas de calidade, para o enoturismo etc. Que hai novas oportunidades de emprendemento e emprego…
Este xoves 16 de agosto presentamos na Casa da Luz do Concello de Pontevedra a campaña de dinamización e promoción da IXP Ribeiras do Morrazo: QUE HAI NESTA BOTELLA? Ao acto asistiron o presidente do GDR Miguel Anxo Fernández Lores, o Director Xeral da AGADER, Miguel Angel Pérez Dubois, o vicepresidente da Asociación galega de sumilleres, D. Antonio Portela, o xerente do GDR José Mª Tobío así como representantes dos diferentes concellos do territorio da IXP, representantes do sector, das asociacións de viticultores e Adegueiros, prensa especializada, etc. #ixpribeirasdomorrazo #viñosoceanicos #quehainestabotella? #haifuturo   MÁIS INFORMACIÓN https://www.youtube.com/watch?v=vUZRz4ItF9Y https://www.facebook.com/961447397374110/videos/863745200679739/ https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/          …
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2018/19 de axudas europeas Leader por importe de 698.265,12 euros de axuda pública e 1.842.306,28 euros de investimento total para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de maio de 2018, a Xunta Directiva aprobou 21 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2018/19 e contribuirán a creación e consolidación de 59,95 empregos (UTAS) dos cales 10,81 empregos serán de nova creación.
Dende este mércores 18 de xullo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo o vindeiro mes de setembro. O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2018)” de 70 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento. Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a…
Hoxe, os participantes na xornada sobre "Fórmulas de emprendemento cooperativo e colaborativo", comprendida dentro do programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" que este GDR está a desenvolver, visitaron as adegas Moraima e Paco & Lola para coñecer de primeira man dous exemplos de cooperativa vitícola. Agradecer as dúas adegas a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa iniciativa cooperativista e a posterior visita guiada ás instalacións.
O 28 de xuño tivo lugar o I Encontro Leader Galicia 2018, un evento  de todos os GDR de Galicia organizado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) no que o GDR Pontevedra Morrazo presentou a Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo e os proxectos da IXP nos que estamos a traballar. No acto contamos coa participación de Antonio Portela, Vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia que deu a coñecer os viños da IXP.
O 26 e 27 de maio celébrase a VII Mostra do Viño de Vilaboa na que se concentrarán os colleiteiros locais para por en valor os viños da terra. Esta será a primeira que se faga baixo a cobertura da IXP Ribeiras do Morrazo, a que pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, e contará con numerosas actividades que terán lugar ao longo da fin de semana entre as que destaca a I Cata profesional das adegas da IXP. O lugar de celebración será o Adro das festas de Santa Cristina de Cobres.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, en colaboración coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo. No ano 2017 iniciouse un programa formativo de carácter práctico, para impulsar a participación activa dos axentes implicados no seu desenvolvemento e a articulación da citada indicación xeográfica protexida Viños do Morrazo, cun enfoque eminentemente ascendente. Para isto, realizouse unha proposta de traballo que conxugou accións formativas diversas para reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da…
O prazo de presentación das solicitudes de axuda para a primeira proposta anual de selección de proxectos da anualidade 2018/19 rematará o 31 de marzo de 2018. De acordo coa normativa de procedemento administrativo, ao ser este un día inhábil, a data de fin de prazo pasa a ser o 02 de abril de 2018, sendo a hora límite para a presentación de solicitudes na sede electrónica as 23:59 h. e no rexistro do GDR as 14:00 h. Nos concellos nos que o día 02 de abril de 2018 sexa festivo local e teñan a presentación electrónica rematará o día…