Dende a publicación no mes de marzo das Bases Reguladoras do novo LEADER, o GDR Pontevedra-Morrazo puxo en marcha os traballos de elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo coa finalidade de deseñar un plan de acción para os próximos cinco anos que servirá de folla de ruta para promover a ocupación sustentable do territorio, a creación e mantemento do emprego, a diversificación económica e a mellora da calidade de vida do noso entorno rural.  Para a elaboración da estratexia contémplase a realización de varios Foros e Mesas Sectoriais, cun dobre obxectivo: elaborar o documento da estratexia de desenvolvemento desta…
O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, conta cun orzamento total  de  1.186,4 millóns EUR de fondos públicos (889,8 millóns EUR con cargo a UE, e 296,6 millóns EUR de cofinanciación nacional). No Marco do PDR de Galicia, A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de Bases Reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader. O Leader…