Creación de Aula de Novas Tecnoloxías e Multimedia (Cerdedo)

  • Promotor: Concello de Cerdedo-Cotobade
  • Localización: Cerdedo (Cerdedo-Cotobade)
  • Orzamento: 14.905,99 €
  • Axuda Aprobada: 13.415,39 €

O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta a posta en marcha dunha aula de novas tecnoloxías e multimedia na Casa de Cultura de Cerdedo que permita o acceso dos veciños á sociedade da información con conexión de balde a internet como recurso para cursos de formación, alfabetización informática nas novas tecnoloxías, actividades divulgativas, etc nun centro de uso comunitario e público.

O proxecto ten por obxectivo facilitar o uso das novas tecnoloxías, permitindo o desenvolvemento da sociedade da información e as relacións dixitais, utilizando as TICs como medio de inclusión social promovendo que todos os cidadáns poidan navegar gratuitamente a través do equipamento adquirido.

Ningún evento vindeiro!