O 26 e 27 de maio celébrase a VII Mostra do Viño de Vilaboa na que se concentrarán os colleiteiros locais para por en valor os viños da terra. Esta será a primeira que se faga baixo a cobertura da IXP Ribeiras do Morrazo, a que pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, e contará con numerosas actividades que terán lugar ao longo da fin de semana entre as que destaca a I Cata profesional das adegas da IXP. O lugar de celebración será o Adro das festas de Santa Cristina de Cobres.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, en colaboración coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo. No ano 2017 iniciouse un programa formativo de carácter práctico, para impulsar a participación activa dos axentes implicados no seu desenvolvemento e a articulación da citada indicación xeográfica protexida Viños do Morrazo, cun enfoque eminentemente ascendente. Para isto, realizouse unha proposta de traballo que conxugou accións formativas diversas para reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da…
O prazo de presentación das solicitudes de axuda para a primeira proposta anual de selección de proxectos da anualidade 2018/19 rematará o 31 de marzo de 2018. De acordo coa normativa de procedemento administrativo, ao ser este un día inhábil, a data de fin de prazo pasa a ser o 02 de abril de 2018, sendo a hora límite para a presentación de solicitudes na sede electrónica as 23:59 h. e no rexistro do GDR as 14:00 h. Nos concellos nos que o día 02 de abril de 2018 sexa festivo local e teñan a presentación electrónica rematará o día…
O GDR Pontevedra - Morrazo ven de asistir a primeira xuntanza da Mesa de Turismo da Deputación de Pontevedra, futuro órgano de coordinación entre esta institución e as entidades públicas e privadas do sector turístico. A creación desta Mesa de Turismo da provincia de Pontevedra nace con carácter propositivo, de observación e seguimento do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia 2017-2020, buscando a colaboración pública e privada, especialmente nos campos da coordinación, xestión, promoción, ordenación, innovación e internacionalización da provincia como destino turístico. Esta Mesa estará composta por vinte persoas, entre as que estarán a presidenta da Deputación e outros…
O Centro cívico do concello de Barro albergou a primeira dun novo ciclo de xornadas informativas que o GDR vai desenvolver polos 13 concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, con motivo da convocatoria de axudas da medida LEADER Galicia 2014-2020, anualidades 2018/19. Estas Charlas, abertas ao público en xeral, teñen como principal obxectivo dinamizar e achegar a información das axudas aos potenciais beneficiarios; asociacións, comunidades de montes, PEMES, emprendedores e promotores en xeral. Nas xornadas informase das liñas de actuación e tipoloxía de proxectos susceptibles de seren subvencionados, así como dos requisitos, procedementos, baremo etc. que haberá que…
O grupo de desenvolvemento rural de Pontevedra O Morrazo está promovendo o programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo", no marco do proceso de dinamización da IXP Ribeiras do Morrazo, que se sustenta nunha metodoloxía de formación-acción. O programa formativo, de carácter práctico, pretende impulsar a participación activa e o dinamismo dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada IXP. Para isto, preséntase unha proposta de traballo que conxuga accións formativas diversas: cursos de formación, obradoiros formativos e visitas no territorio. Os principais obxectivos que persegue esta proposta son: Reforzar o empoderamento do sector…
O GDR Pontevedra Morrazo ven de publicar na web unha serie de entrevistas onde se reflexiona sobre algúns dos proxectos subvencionados, e nas que se trata de achegar a visión máis persoal do promotor sobre a súa iniciativa. Así mesmo, preténdese compartir estas experiencias, co ánimo de estimular novos emprendementos. Podes descargar as estrevistas no enlace adxunto: Creación de empresa de servizos eólicos (Moaña) Creación de taller de carpintería de madeira para exteriores (Viascón) Creación de cervexería artesanal (Agudelo) Creación de Centro de Exposición e Interpretación de Micoloxía (Bora) Creación de empresa de servizos hípico-turísticos (A Lama) Creación de restaurante…
Dende a publicación no mes de marzo das Bases Reguladoras do novo LEADER, o GDR Pontevedra-Morrazo puxo en marcha os traballos de elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo coa finalidade de deseñar un plan de acción para os próximos cinco anos que servirá de folla de ruta para promover a ocupación sustentable do territorio, a creación e mantemento do emprego, a diversificación económica e a mellora da calidade de vida do noso entorno rural.  Para a elaboración da estratexia contémplase a realización de varios Foros e Mesas Sectoriais, cun dobre obxectivo: elaborar o documento da estratexia de desenvolvemento desta…
O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, conta cun orzamento total  de  1.186,4 millóns EUR de fondos públicos (889,8 millóns EUR con cargo a UE, e 296,6 millóns EUR de cofinanciación nacional). No Marco do PDR de Galicia, A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de Bases Reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader. O Leader…