Promotor: Concello de Ponte Caldelas
Localización: Ponte Caldelas
Orzamento: 76.328,99 €
Axuda aprobada: 31.294,89 €
Descrición:
Rehabilitación do Centro Sociocultural de Chaín na parroquia de A Insua para a súa posta en valor e destinado a reunións, actividades culturais e usos múltiples, conforme o proxecto do técnico municipal D.Antonio Liste Alejandro.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Cristalería Pontevedresa S.A.
Localización: Lg. Polígono A Reigosa - Concello Pontecaldelas
Orzamento: 690.000,00 €
Axuda aprobada: 214.038,00 €
Descrición:
Proxecto de adquisición de maquinaria e instalacións necesarias para a elaboración dun novo produto; o vidro templado curvo, que permitirá á empresa diversificar a súa oferta, accedendo a novos mercados como a automoción e posicionandoa como único fabricante en Galicia deste produto.
Con este proxecto preténdese fabricar un vidro templado curvo de seguridade, con espesores a partir de 3,5 mm, que ofreza unha gran resistencia mecánica á compresión e á tracción e unha alta resistencia estructural ao impacto.
O investimento material consiste en: Maquinaria/instalación de “Unidade de curvado con capacidade desde 3,15mm con turbina do curvador e sistema de distribución de aire” por un importe total presentado de 690.000 €, IVE excluído.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Félix Garcia y Manuel Viñas, SL
Localización: Ponte Caldelas
Orzamento: 335.768,37 €
Axuda aprobada: 151.095,77 €
Descrición:
Modernización dunha empresa do ámbito das instalacións eléctricas en media e baixa tensión, que ten por obxecto a informatización do departamento técnico e creación de páxina web e a implantación de novas liñas de negocio no ámbito das telecomunicacións e liñas soterradas, servizos de mantenemento e adaptación á normativa electrotécnica, e aforro enerxético.

Publicado en Leader 2007-2013
Promotor:Sepelios San Marcos S.L.
Localización: Lg. Polígono A Reigosa , Concello de Pontecaldelas.
 
 
 
Orzamento:231.010,40 €
Axuda aprobada:35.421,96 €
Descrición:

Con este proxecto de construción dun centro crematorio no polígono da A Reigosa (Pontecaldelas), a empresa pretende ampliar a súas actividades aos servizos funerarios de cremación; ofertando un servizo alternativo a inhumación tradicional, completando a cadea de valor do negocio actual e mellorando a capacidade competitiva da empresa ao evitar a subcontratación.
O investimento material consiste en: obra civil de construción do centro e instalacións de 305,53 m2 de superficie contruida, equipamento e mobiliario necesario, elemento de transporte vinculado a nova actividade e custos xerais.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: O Pan de San Antonio,SL
Localización:Ponte Caldelas
Orzamento:161.525,36 €
Axuda aprobada:69.262,07 €
Descrición:
Trátase da ampliación da capacidade productiva e modernización do obrador de panadería "O Pan de San Antonio" cunha nova liña de productos artesanais e ecolóxicos.

 
Publicado en Leader 2007-2013