Seguindo as recomendacións das autoridades para contribuír a contención do coronavirus, dende o luns 16 de marzo a oficina técnica do GDR Pontevedra-Morrazo funcionará en modo remoto priorizando a atención telefónica e telemática polo que as súas instalacións permanecerán pechadas. Para trámites, información e contacto: 986 108 144 695 333 087 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. www.gdrpontevedramorrazo.eu  
Este xoves 16 de xaneiro o GDR participou no encontro de diagnose das catro zonas vitivinícolas galegas con Indicación Xeográfica Protexida que tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), co obxectivo de elaborar de xeito participativo a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia e afrontar, entre outros, os seguintes retos: A dimensión dos viticultores e das adegas. O cambio climático e a sostenibilidade. Os novos patróns de consumo e enoturismo. A adaptación a novas tecnoloxías e a innovación. A loita contras as enfermidades. A falta de relevo xeracional dos viticultores. A necesidade…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a  NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2020/21 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non. Nesta ocasión, CONCORRERÁN A ESTA CONVOCATORIA AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS ATA O 31 DE XANEIRO DE 2020. As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das…
Este martes tivo lugar na sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (Praza Mugartegui, 10, Pontevedra) a realización da diagnose da zona correspondente a D.O. Rías Baixas co obxectivo de elaborar de xeito participativo a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Logo da recepción dos asistentes e a presentación do encontro a cargo do equipo responsable da redacción da Estratexia comezaron as dinámicas de participación analizando as principais debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades para o sector vitivinícola galego pechando o encontro coa elaboración das correspondentes conclusións, consensos e retos territorias e sectorias.  
O GDR Pontevedra Morrazo participará nos “Encontros coa Economía Social” que terán lugar dentro da programación da Feira das Industrias Culturais (Culturgal, 2019). Os “Encontros coa Economía Social” son breves espazos de reunión nos que distintas entidades do sector cultural galego presentan a representantes institucionais, administracións, empresas, programadoras e técnicas culturais unha proposta de actividade, iniciativa ou produto que poida resultar do seu interese. O Culturgal celebrarase entre o 29 de novembro e o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Máis información: https://v2.culturgal.com/programa
Xa está dispoñible a través da web e de redes sociais o mapa de servizos e recursos de apoio dos 13 concellos do territorio do GDR Pontevedra Morrazo. Pode acceder ao mesmo a través da seguinte ligazón: http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/resp-social/rachemos-coa-indiferencia
Este mércores 20 de novembro presentouse a campaña dixital de sensibilización para prevención da violencia de xénero #RACHEMOS COA INDIFERENZA que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo na Casa da Luz do Concello de Pontevedra coa asistencia de Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente do GDR e alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Ángel Pérez Dubois, como Director Xeral da Agader e Ana Ortiz Álvarez como Secretaria Xeral da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ademais, tamén asistiron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos servizos de atención á muller dos diferentes concellos vencellados ao GDR. Conscientes de que a violencia…
O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Os obxectivos da campaña son: PROMOVER A IGUALDADE E SENSIBILIZAR AOS DISTINTOS COLECTIVOS DA POBOACIÓN. INFORMAR E CONCIENCIAR ACERCA DA PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, RECURSOS E SERVIZOS DE APOIO. PROMOVER UN CAMBIO…
Os vindeiros días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra a Indicación Xeográfica Protexida RIBEIRAS DO MORRAZO estará presente na feira do gourmet galego Etiqueta Negra, da man do GDR Pontevedra Morrazo coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe da IXP no mercado. Trátase dunha cita gastronómica, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Nesta cuarta edición, poderanse coñecer e degustar os viños desta nova…
O GDR Pontevedra Morrazo está a colaborar no Proxecto "A gastronomía fai camiño" solicitado pola Asociación de GDR de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Os obxectivos do proxecto son: -A elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os distintos Camiños de Santiago. -A realización dunha degustación destas receitas convidando aos restaurantes dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con producións locais, tradicionais e de tempada. A través…
No hay próximos eventos!