Ampliación de empresa de carpintería metálica (Redonde)

  • Promotor: Carballo Metal, S.L.
  • Localización: Polígono Industrial “A Facha-Redonde” (Campo Lameiro)
  • Orzamento: 397.773,74 €
  • Axuda Aprobada: 175.020,45 €

Proxecto de ampliación dunha empresa de carpintería metálica que busca mellorar procesos e ampliar a súa capacidade produtiva coa construción dunha nave ubicada nas parcelas 13 e 14-Polígono Industrial “A Facha-Redonde” en Campo Lameiro.

Con esta iniciativa o promotor amplía o seu negocio e mellora a súa competitividade dotándose de nova maquinaria e dispoñendo dunha zona de taller/produción e almacén de 953,79 m2 útiles, ademais dunha zona habilitada de 8,64 m2 para almacenaxe de ferramentas e de 12,87 m2 para vestiarios/aseos.

 

Ningún evento vindeiro!