Creación de Campamento turístico (2ª categoría)-Atalaia

  • Promotor: Xunca xestión, S.L.U.
  • Localización: Atalaia-Viascón (Cerdedo-Cotobade)
  • Orzamento: 156.805,39 €
  • Axuda Aprobada: 70.562,43 €

Proxecto de creación do primeiro campamento turístico de 2ª categoría con capacidade para 76 prazas de aloxamento temporal, ubicado en Atalaia (Viascón) no municipio de Cerdedo-Cotobade. O investimento ampliará as actividades e servizos existentes, complementando a oferta turística do Centro de Turismo Activo de Atalaia (actividades de ocio e natureza, rutas a cabalo, paintball, kayak, educación ambiental, etc).

O campamento instalarase nun entorno natural de aproximadamente 6.000 m2. Contará cun total de 19 parcelas de 45m2 para tendas de campaña con capacidade para albergar un máximo de 76 persoas; unha construción principal estable de 112.4m2 para albergar os servizos de recepción e zona de cafetería, supermercado, aseos, sala de curas e almacén, zona exterior cuberta; e outra pequena construción auxiliar de 36.8m2 para ubicar os depósitos de auga.

Dende un punto de vista arquitectónico, cabe valorar a construción con materiais renovables e biodegradables tentando de minimizar o impacto visual na paisaxe con técnicas construtivas e materiais tradicionais de xeito que o conxunto acade un valor engadido de integración no contorno rural da zona.

Ningún evento vindeiro!