A Xunta Directiva e Asemblea do GDR celebrada onte no Pazo da Cultura de Pontevedra acordaron, entre outros asuntos, a presentación da candidatura do GDR Pontevedra Morrazo como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión da medida LEADER de Galicia 2023_27.
Os traballos preparatorios iniciáronse o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023.
Na Asemblea xeral aprobouse a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período, destacando a importancia da participación activa dos socios e outras entidades do territorio nas actuacións preparatorias.
Ademais deuse conta da campaña de “portas abertas” que o GDR está a desenvolver para darse a coñecer e promover a participación das diferentes asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio.
Tamén se destacou na reunión, a importancia da participación pública dentro do proceso participativo para elaborar a nova estratexia do territorio, xa que para optar a converterse en entidade colaboradora da medida LEADER de Galicia para o período 2023_2027, o GDR deberá desenvolver entre outras as seguinte actuacións:
Onte celebramos en Cenlle (Ourense) o 30 aniversario da medida Leader en Galicia.
Dende a súa posta en marcha na Unión Europea no ano 1991, baixo esta metodoloxía promovéronse no rural galego a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, máis de 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, creando máis de 5.000 novos empregos e consolidando cerca de 6.000.
O LEADER, polo tanto, foise consolidando como unha ferramenta eficaz, que cos seus erros e acertos, conseguiu superar con éxito os obxectivos, expectativas e previsións iniciais.
O centro de día da parroquia de Sobral, concello de Soutomaior, que contou cunha axuda do programa Leader de máis de 134.000 euros, recibiu onte a visita da Directora Xeral de AGADER, Inés Santé, do presidente do GDR Pontevedra Morrazo, Miguel A. Fernández Lores, do alcalde de Soutomaior, do Subdirector de AGADER e do director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón . Alí, Inés Santé destacou que a achega xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, previa selección do GDR Pontevedra-Morrazo, supuxo cubrir o 45% do investimento destas instalacións para 48 prazas, cunha superficie útil construída de máis de 230 m², emprazadas na parroquia de Sobral, en Soutomaior, co obxecto de atender persoas maiores con necesidade de coidados.
En concreto, proporciónaselles aos usuarios os servizos básicos de atencións na vida diaria, sociais, sanitarios e de apoio encamiñados a facilitar a súa autonomía, aseo e hixiene persoal, así como acompañamento médico ou hospitalario. Tamén servizos de terapia fisioterapéutica, transporte, comedor, perruquería, logopedia ou actividades complementarias como obradoiros con música, animais etc.
O presidente do GDR, Miguel A. Fernández Lores, salientou a importancia que teñen estes investimentos para o rural, no que por exemplo o GDR Pontevedra Morrazo, ten aprobado, nos dous últimos períodos LEADER, axudas para financiar 6 Centros de Día dos concellos de Cangas, Moaña, Poio e Soutomaior, cun investimento total de máis dun millón de euros e unha axuda de fondos públicos de máis de 500.000 euros.
A nova convocatoria
O presidente do GDR puxo tamén en valor o papel dos GDR como axentes dinamizadores do rural e salientou a necesidade de dotar de máis fondos o novo período de axudas LEADER 2023_27 para que as actuacións dos GDR teñan o impacto necesario para contribuír á fixación de poboación no rural á diversificación da economía etc.
A directora xeral, pola súa banda, anunciou que a Xunta investirá 840.000€ para axudar aos grupos de desenvolvemento rural a deseñar novas estratexias participativas de dinamización no marco do programa LEADER.
A orde de axudas, está orientada á selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida LEADER de Galicia para o período 2023-2027, á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para dito período de programación.
As resolucións para os proxectos da convocatoria 2021/22 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, que deberán ser emitidas por AGADER, supoñen un investimento total de 1.728.996,49 euros e unha axuda pública de 582.050,46 euros.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2021/22 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 03 de xuño de 2021, aprobáronse 10 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2021/22 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.728.996,49 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 59,05 empregos (UTAS) dos cales 14,35 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida de 582.050,46 euros será cofinanciada con fondos do FEADER (75%), AGADER (22,5%) e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).
As resolucións para os proxectos da convocatoria 2020/21 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, supoñen un investimento total de 426.196,54 euros e unha axuda pública de 184.725,22 euros.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2020/21 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2020, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2020/21 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 426.196,54 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 12,23 empregos (UTAS) dos cales 4,25 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 184.725,22 euros.
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2019 de axudas europeas Leader 2014-2020 por importe de 1.961.421,87 euros de investimento total e 770.116,925 euros de axuda pública.
O xoves 18 de xullo, celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra a reunión da Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo coa finalidade de aprobar os proxectos da convocatoria 2019/20 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020, que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo.
De entre as solicitudes presentadas ata 01 de abril de 2019, a Xunta Directiva aprobou 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2019/20 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.961.421,87 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 54,93 empregos (UTAS) dos cales 14,5 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 770.116,92 euros.