Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2014-2020: Ti es o Protagonista

Dende a publicación no mes de marzo das Bases Reguladoras do novo LEADER, o GDR Pontevedra-Morrazo puxo en marcha os traballos de elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo coa finalidade de deseñar un plan de acción para os próximos cinco anos que servirá de folla de ruta para promover a ocupación sustentable do territorio, a creación e mantemento do emprego, a diversificación económica e a mellora da calidade de vida do noso entorno rural.

 Para a elaboración da estratexia contémplase a realización de varios Foros e Mesas Sectoriais, cun dobre obxectivo: elaborar o documento da estratexia de desenvolvemento desta zona rural, e promover a participación activa de entidades e axentes na súa elaboración e futura implementación.

O proceso, que se desenvolverá entre os meses de abril e xuño, arrancará cun Foro inicial no que se abordarán as principais problemáticas e retos do territorio, co obxectivo de afondar na análise diagnóstica do mesmo. Posteriormente realizaranse reunións das diferentes mesas sectoriais, para artellar a proposta estratéxica de actuación para elaborar a Estratexia Local. Para rematar, realizarase a principios de xuño, un Foro no que se presentará a estratexia e se validará a mesma por parte de todas as persoas que participaron na súa elaboración.

A participación nestes espazos é aberta, dirixíndose principalmente ás entidades do ámbito agroforestal, de turismo, de medio ambiente , organizacións de empresarios e profesionais, institucións locais, e entidades xuvenís, culturais, de acción social etc. así como á cidadanía en xeral.  www.facebook.com/gdr15pontevedramorrazo/

Bases reguladoras para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Local, para a selección e recoñecemento dos Grupos de Desenvolvemento Rural como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Local (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. 

Ningún evento vindeiro!