O proxecto LEADER FrutoDS de Soutomaior, premio AGADER 2023 na categoria de innovación tecnolóxica no rural galego

A empresa FRUTODS, solucións conceptuais e innovación, ven de recibir o premio de AGADER ao desenvovemento rural 2023 na Categoria de de innovación tecnolóxica

Situado no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, este proxecto contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo para a ampliación e modernización das súas instalacións, cun investimento de 262.516,60 €, para albergar a oficina técnica, un laboratorio de I+D+I, un obradoiro e equipamento específico, impresoras 3D etc.