Despregue de rede de internet en locais sociais do Concello de Cerdedo-Cotobade

  • Promotor: Concello de Cerdedo - Cotobade
  • Localización: Cerdedo - Cotobade
  • Orzamento: 45.738,00 €
  • Axuda Aprobada: 41.164,20 €

O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta a posta en marcha dunha rede propia de Internet mediante tecnoloxía WIMAX baseada en radioenlaces de banda libre coa creación de 3 puntos operativos de acceso veciñal á sociedade da información no municipio con conexión de balde que permita dar servizo e cobertura a espazos e locais sociais de uso comunitario e público como son a Casa do pobo de Borela, a Casa do pobo de Augusantas e o Local social da banda de música de Tenorio.

Ten por obxectivo ofrecer servizo de internet de calidade e o uso das novas tecnoloxías ó mundo rural; e será unha ferramenta máis para revitalizar as zonas rurais de Cerdedo-Cotobade, xa que este sistema permite o desenvolvemento da sociedade da información utilizando as TICs como medio de inclusión social e relacións dixitais promovendo que os cidadáns poidan navegar libremente.

No hay próximos eventos!